San Xián de Almeiras é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello de Culleredo na Comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 1.264 habitantes (651 mulleres e 613 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.436 habitantes.

Xeografía A parroquia ocupa a ladeira que baixa do Aeroporto da Coruña -boa parte dos terreos do aeroporto están nesta parroquia- ata o río Mero e o río Valiñas, limitando tamén coa parte final da ría do Burgo. Está situada ó sur da parroquia do Temple e a do Burgo, e conta cunha densidade de poboación alta.

Lugares e parroquias Lugares de Almeiras

Parroquias de Culleredo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Culleredo

Categoría:Parroquias de Culleredo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xián