Santiago do Burgo é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello de Culleredo. Segundo o IGE en 2016 tiña 8.993 habitantes (4.694 mulleres e 4.299 homes) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 4.803 habitantes.

Historia Inicios e esplendor No século XII aparece na documentación o chamado Burgo de Faro, seguramente xa existente nos séculos IX e X orixinado polo forzoso traslado da poboación da Coruña a un lugar máis seguro, ao fondo da ría. Foise convertendo nun importante núcleo urbano. Tense dito que a mediados do século XII só as cidades episcopais (Santiago, Mondoñedo, Lugo, Tui e Ourense), e Allariz e O Burgo de Faro (que eran de reguengo), eran os únicos lugares urbanos de Galicia.Mercado Templario do Burgo de Faro en culleredoturismo.

Afonso VII (1111-1157), alcumado O Emperador, rei de Galicia, de León, de Castela e de Toledo, concedulle carta puebla e estableceu nel un porto de acollida ao barcos con mercadorías e peregrinos que chegaban do norte de Europa para dirixirse ao Santuario do Apóstolo Santiago, sobre todo aos procedentes dos portos ingleses.O Burgo na Xacopedia.

A primacía do porto do Burgo de Faro sobre outros próximos, como o da Coruña, o de Betanzos ou o de Noia, até o século XIII, debeuse á seguridade que os cabaleiros da Orde do Temple ofrecían tanto aos peregrinos como aos comerciantes que alí chegaban. Os templarios levantaron un castelo-fortaleza e unha ermida, situada onde hoxe se encontra a igrexa de Santa María do Temple, no actual concello de Cambre, ao outro lado da ría. Os cabaleiros custodios do Camiño (o camiño inglés) vixiaban desde a fortaleza a chegada dos barcos ao porto, daban acollida, atención e aloxamento aos peregrinos e lles ofrecían protección coa súa presenza na ruta xacobea.

Ademais dos templarios asentáronse no Burgo de Faro freires do mosteiro de Sobrado, que alí tiñan moitas posesións e rendas, entre elas os muíños de Acea de Ama. O Burgo foi tamén moi protexido polo monarca Fernando II, fillo de Afonso VII, así como polos Condes de Traba.

Decadencia A (re)fundación da Coruña a comezos do século XIII, marcaría o comezo do declive do Burgo, aínda que os templarios seguiron potenciándoo até a súa desaparición, no ano 1312. miniatura|Igrexa de Santiago do Burgo. A partir do século XIII, o da Coruña foi o principal porto de acollida para os peregrinos que viñan a Santiago por vía marítima, para realizar desde alí a pé a ruta que os conduciría até a sé onde repousan, supostamente, os restos do apóstolo Santiago en Compostela. Ademais, durante bastante tempo, os conflitos vividos por unha Europa convulsa fixeron que a vía marítima se considerase máis segura que as rutas terrestres do camiño francés, do primitivo ou o do Norte, sobre todo mentres durou a Guerra dos Cen Anos (1337-1453). Por outra parte, a florecente actividade económica en moitas cidades portuarias inglesas como Bristol, Southampton ou Plymouth e noutras como Londres contribuíu tamén a que moitos dos barcos de mercadorías incluísen na súa pasaxe viaxeiros que se dirixían a Compostela. O transporte de peregrinos converteuse daquela nun negocio moi lucrativo para os armadores dos portos do sur de Inglaterra, non só polas cantidades que lles cobraban, senón tamén porque as licenzas e salvocondutos que levaban lles permitían realizar interesantes intercambios comerciais, evitando conflitos coa coroa de Castela.

Patrimonio Nesta parroquia atópanse a igrexa románica de Santiago do Burgo, que ten pezas do século XII no seu interior, a ponte do século XV que cruza a ría do Burgo do Burgo ao Temple, e os muíños de maré de Acea de Ama, que son do século XII.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares do Burgo

Parroquias de Culleredo

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lugares de Culleredo

Ligazóns externas Rey Cabezudo, Mónica (2014). La iglesia románica de Burgo de Faro, materialización del auge y declive de una villa bajomedieval. Annuarium Sancti Iacobi, nº 3, 311-328 . A Ponte do Burgo, historia de Templarios en Tesouros de Galicia.

Categoría:Parroquias de Culleredo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior Categoría:Camiño Inglés