Luciano Meleiro Tejada, nado en Celanova en 1871 e finado en Cabaleiros (San Martiño de Grou, Lobeira) o 30 de agosto de 1931, foi un xornalista, notario e político galego.
Traxectoria Presidente da Unión Republicana de Celanova, dirixiu El Correo de Celanova. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en 1898. En Compostela dirixiu La Asamblea Regional e foi presidente do Centro Republicano en 1899. Foi notario de Entrimo (1900-1916) onde participou nas campañas agraristas, intenvindo no mitin de Lobios do 12 de outubro de 1913 con Basilio Álvarez, Andrés Nogueira Fos, Perfecto Estévez, Francisco A. Pena e Antonio R. Velero.El Centinela, 15-10-1913, p. 3. Despois foi notario de Viveiro (1916-1924), A Fonsagrada (1924-1926), Berja (1926-1929) e Monforte de Lemos (1929-1931). En Monforte participou no grupo ao servizo da República.El Pueblo Gallego, 2-9-1931, p. 4. Finou na súa casa de Cabaleiros o 30 de agosto de 1931.Galicia, 5-9-1931, p. 1. Vida persoal
Foi pai de Sara, Eva e María Meleiro. Notas
Categoría:Políticos de Galicia
Categoría:Xornalistas de Celanova Categoría:Nados en Celanova Categoría:Nados en 1871 Categoría:Finados en 1931 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos