dereita|frameless O lambda latino ( Ficheiro:Unicode 0xA7DA.svg, λ ) é unha letra suplementaria do alfabeto latino. A minúscula é coma a letra grega λ, mentres que a maiúscula é semellante a un Y xirado 180º.
Uso O λ é empregado en varias linguas de América do Norte, como as linguas wakash ou o nez perce. Emprégase nalgúns casos cun trazo ( ƛ ).
Foi empregado tamén na transcrición latina das linguas inuit.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lambda
Categoría:Tipografía Categoría:Grafémica Categoría:Alfabeto latino