A fibrose é a formación ou desenvolvemento en exceso de tecido conectivo fibroso nun órgano ou tecido como consecuencia dun proceso reparador ou reactivo, en contraposición á formación de tecido fibroso como constituínte normal dun órgano ou tecido. A fibrose prodúcese por un proceso inflamatorio crónico, o que desencadea un aumento na produción e deposición de matriz extracelular.

A fibrose dáse con maior frecuencia no corazón, o pulmón, o peritoneo e o ril.

Algunhas doenzas son: Fibrose quística do páncreas e pulmóns. Fibrose endomiocárdica, miocardiopatía idiopática. Cirrose, unha fibrose de fígado. Fibrose pulmonar idiopática do pulmón. Fibrose mediastínica. Fibrose masiva progresiva, unha complicación da pneumoconiose en traballadores das minas de carbón. Fibrose proliferativa. Tuberculose (TB) pode causar fibrose do pulmón. Distrofia muscular de Duchenne. Periodontite crónica.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Diccionario Mosby de medicina y ciencias de la salud, Mosby / Doyma Libros, 1995, ISBN 84-8086-140-1 .

Categoría:Doenzas