Francisco Castro Represas, nado en Vigo o 11 de xuño de 1905 e finado ibídem o 23 de abril de 1997, foi un arquitecto galego.

Traxectoria miniatura|Real Club Náutico de Vigo, 1944. Licenciouse en Madrid en 1932. De volta en Vigo, asociouse con Pedro Alonso Pérez en 1940, con quen traballou ata 1988. Na súa obra, que evolucionou do eclecticismo ao racionalismo, destaca o emprego do granito, o uso de balconadas e de cornixas corridas.

Foi nomeado vigués distinguido en 1993.

Obra miniatura|300px|Edificio Pernas (1941) dende a praza de América. Son obras, entre outras, de Castro Represas: O Edificio Ribas, na rúa Marqués de Valladares 22, esquina coa rúa Colón. Os números 4 e 6 da praza de Compostela. O Edificio Sanchón ou de Natalio Sanchón (1935) na rúa Policarpo Sanz.Edificio Natalio Sanchón en Turgalicia. A fábrica de conservas de Ribas (1935-38) na r/ Beiramar esquina r/ Ánimas. O Edificio Cesáreo González (1938) na praza de Portugal. O Edificio Jesús Crespo Filgueira (1938) na rúa Cuba esquina Urzáiz.Edificio para Jesús Crespo Filgueira en Turgalicia. O Edificio Curbera ou Edificio de José Curbera (1939), na rúa García Barbón. O Edificio Barreras (1940) na rúa Colón. O Edificio Pernas (1941) que ocupa todo o rueiro formado pola Gran Vía coas rúas López Mora e Ramón González Sierra. O Edificio Albo (1942) na Gran Vía esquina Urzáiz.Edificio Albo en Turgalicia. O Real Club Náutico de Vigo (1944-45). O Edificio Miguel Seijo Serodio (1945).Edificio Miguel Seijo Serodio en Turgalicia. O Edificio comercial para José González (1949), na rúa Marqués de Valladares.Edificio comercial para José González en Turgalicia. O Colexio Maior Xelmírez (1961-62), en Santiago de Compostela.

Ten obra conservada en Bouzas.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía "CASTRO REPRESAS, Francisco" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Dicionario biográfico de Galicia, t. 1, p. 225-226, 2010-2011, Ir Indo, Vigo. Outros artigos Racionalismo arquitectónico Ligazóns externas Estudo de arquitectura Castro y Alonso ''(en castelán e inglés).

Categoría:Arquitectos de Galicia do século XX Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1997 Categoría:Arquitectos do Racionalismo Categoría:Vigueses distinguidos