San Martiño de Cances é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE, no 2019 a súa poboación descendera ata os 530 habitantes, sendo 256 homes e 274 mulleres. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 645 habitantes (334 mulleres e 311 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 658 habitantes.

Xeografía Na paisaxe destaca o monte Neme. No lugar houbo unha mina de volframio que foi explotada durante a segunda guerra mundial. No cume do monte hai un círculo lítico coñecido como a Eira das Meigas.

Historia Existen varios restos prehistóricos, como a mámoa da Agra da Moa, a do Rego da Bandeira e o recinto castrexo do Bico do Castro. Hai varias casas nobres en Cances Grande. En Cances da Vila está a igrexa parroquial cun cruceiro e un peto de ánimas.

En Cances da Vila houbo unha importante feira, xa citada no Catastro de Ensenada, que se celebraba o terceiro sábado de mes. Lucas Labrada tamén a cita, igual que Carré Aldao, que di que vén de moi antigo, e que nela se vende gando vacún e porcino. O campo da feira pertencía á familia dos Montáns de Cances Grande. Descendentes desta familia establecéronse nas inmediacións do campo e fundaron o lugar da feira. A feira máis importante celebrábase nos meses de marzo e abril, a denominada Feira dos Bois Gordos.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Cances

Parroquias de Carballo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Carballo

Ligazóns externas Cances na web do concello de Carballo

Categoría:Parroquias de Carballo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño