Santa María de Noicela é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2019 tiña 413 habitantes (211 mulleres e 202 homes), distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 508 habitantes.

Patrimonio No monte das Chanceiras atópanse as Mámoas de Carballedo, que consiste nunha necrópole formada por tres túmulos de arredor de vinte metros de diámetro cada un.

A igrexa de Santa María de Noicela é de estilo barroco. O templo, dunha soa nave, presenta campanario lateral e motivos ornamentais na fachada.

Lugares e parroquias Lugares de Noicela

Parroquias de Carballo

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lugares de Carballo

Ligazóns externas Noicela na web do concello de Carballo

Categoría:Parroquias de Carballo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María