San Breixo de Oza é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2019 tiña 584 habitantes (275 homes e 309 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación. Segundo o padrón municipal en 2004 tiña 732 habitantes (383 mulleres e 350 homes), 66 menos ca en 1999.
Patrimonio miniatura|Peto de ánimas preto da igrexa. A igrexa de San Breixo é de estilo barroco, na súa fachada consérvase unha escultura do seu patrón.
Preto da igrexa atópase un peto de ánimas e no lugar das Torres a cruz de San Verísimo.
Ademais, tense constancia das seguintes mámoas:
Os Canedos. Couto da Pedra Rubia. Cruceiro de Arriba. Mámoa na que os continuos procesos agrícolas alteraron gravemente a masa tumularia. Pena. Seixo. Monte Vixía. No límite con Lema, ten 15 m de diámetro e 0,80 m de altura. Presenta cono de violación. Os Chans. No lugar do Rodo. Perdeu unha parte importante da masa tumularia polas actividades forestais. Pinar do Canteiro. No lugar de Vilar do Carballo.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Oza
Parroquias de Carballo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Carballo
Ligazóns externas Oza na web do concello de Carballo
Categoría:Parroquias de Carballo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Breixo