San Cristovo de Lema é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2019 tiña 437 habitantes (217 mulleres e 220 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 560 habitantes.

Patrimonio Lema intégrase dentro do espazo natural de Razo-Baldaio. A parroquia acolle a maior parte da zona das marismas que integran este complexo xunto ás dunas. Confórmase así un ecosistema único, no que se concentra abundante e diversa vexetación que serve de refuxio a diferentes especies de aves, peixes e crustáceos.

Sábese da existencia de polo menos dúas mámoas:

Monte da Pena. De 16 m de diámetro e 1,2 m de alto. Nel houbo escavacións furtivas. Monte da Vixía. No límite con Oza. De 15 m de diámetro e 0,8 m de alto. Ten cono de violación.

Lugares e parroquias Lugares de Lema

Parroquias de Carballo

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lugares de Carballo

Ligazóns externas Lema na web do concello de Carballo

Categoría:Parroquias de Carballo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Cristovo