As comiñas ou aspas son un signo de puntuación empregado para separar por algún motivo unha parte do discurso da parte principal. En galego úsanse tres tipos de comiñas: as latinas (« »), as inglesas (“ ”) e as simples (‘ ’).
Uso Lingüísticos ou literarios Nas citacións directas e ao citar títulos de artigos ou traballos. Para sinalar matices de ironía ou sentido figurado nunha expresión. En obras narrativas poden utilizarse as comiñas para enmarcar pensamentos.
Informática Nalgunhas linguaxes de programación úsanse para marcar cadeas de caracteres. Indican literalidade, por exemplo, nas buscas en Internet, en contraposición ás buscas palabra por palabra.
Concorrencia de comiñas Débese secuenciar o uso das comiñas dun xeito regular, e non aleatoriamente: o máis recomendable é utilizar no período máis longo as comiñas angulares (« »); dentro deste as comiñas dobres (“ ”); e, se aínda cómpren outras comiñas, as simples (‘ ’). De seren precisas outras máis, dentro das simples utilizaríanse as angulares (‹ ›).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Símbolos