Elena Cesárea Estévez Mignot, nada na Habana o 25 de febreiro de 1891 e finada en Teis o 26 de febreiro de 1933, foi unha propagandista agraria galega.

Traxectoria Era a máis vella dos oito fillos de Julián Estévez, natural de Ames, e de Dolores Ifigenia Mignot, de Matanzas. Retornados en 1898, a familia intalouse en Teis. Fixo estudos de “Enseñanza de la mujer” na Escuela de Artes e Industrias de Vigo e en 1913 estudou debuxo e pintura na Escuela de Artes y Oficios de Vigo. Cando o seu pai se converteu en presidente do Directorio Antiforista de Teis, Elena vinculouse á campaña antiforal realizada polo Directorio. Dende 1909 foi constante a súa participación nos mitins e reunións antiforistas xunto con Carmen Álvarez. Insistía os seus discursos á muller galega para convencela da necesidade de incorporarse a unha loita na que se libraba a vida de Galicia e a emigración dos seus fillos. Logo do seu matrimonio con Ricardo Fernández, puxeron unha panadaría en Poio e despois outra en Teis. Na República os 1 de maio saía por Vigo cunha bandeira republicana ata o Paseo de Afonso XII e nunha ocasión fixo abrir as portas dunha fábrica de conservas situada na rúa de Sanjurjo Badía para que saísen á rúa as obreiras, obrigadas a traballar ese día. Finou en Teis de parto da criatura que esperaba o 26 de febreiro de 1933.Vida Gallega, 10-3-1933, p. 43.

Vida persoal Casou con Ricardo Fernández o 1 de febreiro de 1917, e foi nai de Ricardo (1918), Edmundo (1920), Julián (1922) e Elena Fernández Estévez (1924).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas As imaxes contundentes de Elena Estévez, voz firme da loita agraria "El cubano" que llegó a alcalde de Lavadores

Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados na Habana Categoría:Nados en 1891

Categoría:Finados en 1933