O signo de interrogación (?) é un signo de puntuación que se utiliza para marcar entoación interrogativa.

Historia Lynne Truss atribúe as primeiras aparicións modernas deste signo a Alcuíno de York,Lynne Truss. Eats, Shoots & Leaves, 2003. p. 76. ISBN 1-59240-087-6. sendo unha das hipóteses sobre a súa orixe que proceda da letra q, inicial da palabra latina quaestio,Brewer, E. C. Dictionary of Phrase and Fable, 1870 (rev. 1894), s.v. 'Punctuation'. que significa pregunta.

600px|miniatura|centro|Posible evolución do signo.

Uso En galego só é preceptivo o uso do signo de peche (?). O signo de comezo (¿) pode empregarse en casos de ambigüidade.Criterios para o uso da lingua galega, Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, 2012

O signo de interrogación ten os seguintes usos principais: Indica frases interrogativas directas. Entre parénteses ao final dunha frase indica dúbida: (?) En informática adoita utilizarse como carácter comodín. En xadrez representa unha xogada dubidosa.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Signo de exclamación

Categoría:Símbolos Categoría:Puntuación