Ermengarda de Hesbaye, nada sobre 778 e finada en 818, foi raíña de Aquitania (798-814) e emperatriz (814-818), filla do conde Ingram (Enguerrand) de Hesbaye, sobriño de Rotruda, a esposa de Carlos Martel. Era neta de san Crodegand, citado como o 37º bispo de Metz (742-766)Xenealoxía de Ermengarda en Medieval Lands,. Traxectoria En 798 casou con Lois o Piadoso (que tiña 20 anos como a súa esposa). O matrimonio celebrouse probabelmente en Tolosa pouco despois da dieta de Tolosa (798) e tivo catro fillos: Lotario I (795 – 855). Pipino I de Aquitania (sobre 797 – 838). Hildegarda (sobre 803 - 857), abadesa da abadía de Saint-Jean de Laon. Lois II o Xermánico (sobre 806 - 876). Morreu o 3 de outubro de 818 en Angers no curso dunha inspección que realizaba co seu marido, tres días despois de se poñer enferma. Foi enterrada en Angers. Notas

Véxase tamén Bibliografía

O Astrónomo, Vie de Louis le Débonnaire, páxina 289.

Categoría:Finados en 818 Categoría:Imperio carolinxio