Khilperico de Aquitania foi o fillo de Cariberto II, e brevemente foi rei de Aquitania no 632. Foi asasinado pouco despois de seu pai o mesmo ano, probabelmente por ordes do seu tío Dagoberto I.Laurent Theis, Dagobert, un roi pour un peuple, edicions Complexe, 1982, páx. 14. Non chegou a reinar, e, en consecuencia, non o teñen en conta na numeración dos reis dos francos.

Segundo unha lenda antiga baseada nun documento falso, Khilperico tería sobrevivido e seria o antecesor da familia dos Eudes, príncipes de Aquitania. A lenda tén pouca credibilidade á vista de que os nomes dos membros da familia non son merovinxios. Véxase tamén Outros artigos Dinastía Merovinxia. Notas

Categoría:Reis de Aquitania Categoría:Finados en 632 Categoría:Merovinxios