O Festival Sin Sal Audio, coñecido popularmente coma Sinsal, é un festival de música celebrado na Illa de San Simón, na parroquia de Cesantes, en Redondela. A súa característica máis peculiar é que non ten programación coñecida de antemán, pois as bandas que actúan no festival non se coñecen por adiantado, senón unha vez os asistentes estean no lugar. Dende a súa primeira edición, en 2003, reuniu a bandas da talle de Alt-J, Triángulo de Amor Bizarro, Unicornibot, Maïa Vidal, Jane Joyd, Alela Diane, Christian Kjellvander, Nite Jewel, Múm ou Das Kapital, entre outros.

Historia O festival Sinsal celébrase na actualidade na illa de San Simón, un espazo natural na contorna da enseada de San Simón, no fondo da ría de Vigo e coas localidades de Redondela, Soutomaior e Vilaboa nos arredores. Porén, o festival comezou en Vigo no ano 2003, en diversas salas e teatros da cidade. Máis tarde estendeuse tamén a outras cidades galegas como Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol e Pontevedra. A partir do ano 2010 a organización decidiu mudar a lugares máis naturais e recónditos a localización do festival, e bautizaron esa serie de eventos coma Festival AP9, por ser esta a autoestrada que vertebra as tres principais cidades galegas. No 2011 o festival mudou definitivamente á illa de San Simón.

Na edición do ano 2013 o festival aprazouse por mor da traxedia do Accidente de Angrois en Compostela.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Outros artigos Illa de San Simón Festas de Redondela Ligazóns externas sinsalaudio.es Páxina web do festival. Javier Becerrá (3/8/2013). "Sinsal San Simón: O festival ao que se acode a cegas" La Voz de Galicia.

Categoría:Festas de Redondela Categoría:Festivais de música en Galicia