Julio Manuel Rodríguez Soto, nado en Maside o 17 de marzo de 1880 e finado en Lisboa o 9 de xullo de 1931Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 15-7-1931, p. 9., foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de José Rodríguez Vázquez, notario en Ribadavia e Francisca Soto, mestra de Maside. Licenciado en Dereito, abriu bufete no Carballiño. Foi alcalde de Maside nos anos dez. Durante a ditadura de Primo de Rivera colaborou con José Calvo Sotelo, sendo o seu home de confianza na comarca do Carballiño. Foi nomeado deputado provincial en 1924 e elixido presidente da Deputación de Ourense o 9 de novembro de 1926. Foi membro da Asemblea Nacional Consultiva como representante das Deputacións provinciais (1927-1930). Dimitiu como presidente da Deputación en xaneiro de 1929. Despois foi nomeado Inspector xeral de Petróleos. Coa proclamación da Segunda República exiliouse en Portugal, morrendo en Lisboa en xullo de 1931, con 51 anos. Recoñecementos

esquerda|miniatura|Placa da avenida co seu nome no Carballiño.

miniatura|dereita|Julio Rodríguez Soto na inauguración da súa rúa en Maside, 1925.

Unha avenida do Carballiño leva o seu nome na súa honra.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Os Presidentes da Deputación Julio Manuel Rodríguez Soto. Alcalde de Maside e Presidente da Deputación de Ourense.

Categoría:Alcaldes de Maside Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Presidentes da Deputación de Ourense Categoría:Nados en Maside Categoría:Nados en 1880 Categoría:Finados en 1931