A macela dourada ou camomila romanaDiccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000 e Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, 2004, Chamaemelum nobile, sin. Anthemis nobilis) é unha herba perenne da familia das asteráceas, nativa de Europa.
Descrición A macela dourada é unha herba perenne, de talo procumbente de até 26 cm de longo, glabro ou suavemente pubescente. Forma matas mestas. Presenta follas sésiles, alternas, bi- ou tripinnatilobuladas, finamente divididas, cos folíolos lineares. En posición terminal presenta no verán unha inflorescencia en forma de capítulo paniculado. Os floros radiais son uns 20, coa lígula branca, mentres que os do disco son numerosos, hermafroditas, coa corola amarela, as puntas das anteras ovadas e o extremo do estilo trunco. A testa floral non supera 1 cm de diámetro. Os froitos son aquenios cilíndricos, de máis ou menos 1 mm de diámetro, algo maiores os radiais. A polinización realízana himenópteros, mais a planta é quen de se autopolinizar.
Uso miniatura|240px|Flores secas de la Chamaemelum nobile. O talo tenro e as sumidades floridas úsanse secos ou frescos en infusión, recendente e lixeiramente amarga. Confúndese moitas veces coa macela común Matricaria recutita os efectos terapéuticos asociados á macela son de carácter dixestivo, carminativo, sedante, tónico, vasodilatador e antiespasmódico. O aceite esencial emprégase en aromaterapia, e a infusión das flores aplícase ao cabelo para o delourar.
Non se recomenda o uso da macela dourada durante a gravidez xa que pode causa contraccións uterina e aborto.
miniatura|240px|Macela galega no Xardín Botánico da Universidade Karlovy en Praga, República Checa. A macela dourada é unha planta moi común en xardinaxe.
Composición O aceite esencial é rico en camazuleno, ácido tíglico e varios sesquiterpenos; contén ademais ácido antémico, atesterol, antemena e taninos. Pode provocar dermatite de contacto en persoas sensíbeis, e se teñen informado casos de anafilaxe entre alérxicos.
Taxonomía Chamaemelum nobile foi descrita por (Carl von Linné) All. e publicado en Flora Pedemontana 1: 185. 1785. Sinonimia Anthemis nobilis L. basónimo Anthemis odorata Lam. Chamomilla nobilis (L.) Godr. Matricaria nobilis (L.) Baill. Ormenis nobilis <small>(L.) J.Gay ex Coss. & Germ. en PlantList
Nome común En galego recibe os nomes de macela dourada, macela galega, margacela e camomila romana.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Bibliografía
Categoría:Chamaemelum Categoría:Plantas medicinais Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Flora de Galicia Categoría:Plantas descritas en 1753