Mimulfo, finado en Orta San Giulio en 590, foi un duque longobardo, señor da zona de Novara sobre o 575, probabelmente como duque de San Giulio. Traxectoria Segundo a Historia Langobardorum de Paulo DiáconoPaulo Diácono, Historia Langobardorum, IV, 3., o duque foi acusado de traizón a favor dos francos e feito decapitar na illa de San Giulio polo rei Axilulfo no 590.
É probábel que detrás da súa condena haxa motivacións políticas, ligadas á hostilidade de diversos duques contra o novo rei.
Un pequeno sarcófago que contiña restos humanos e unha inscrición MEINULF (hoxe desaparecida), atopouse na basílica de san Giulio, durante as escavacións efectuadas a finais do século XVIILazzaro Agostino Cotta, Corografia della Riviera di San Giulio. O sarcófago úsase agora como peto para as esmolas na igrexa. Notas
Véxase tamén Bibliografía Paulo Diácono, Historia Langobardorum (Historia dos longobardos, Lorenzo Valla/Mondadori, Milán 1992). Lazzaro Agostino Cotta, Corografia della Riviera di San Giulio (Milán 1690), Borgomanero 1980.
Categoría:Duques de San Giulio Categoría:Finados en 590