Teodosio Vesteiro Torres, nado en Vigo o 12 de xuño de 1847 e finado en Madrid o 12 de xuño de 1876,: "Vesteiro Torres, más de un siglo enterrado y olvidado..." El Ideal Gallego, 3/1/1986 . foi un músico, xornalista e escritor galego.

Traxectoria Os seus pais foron Juan María Vesteiro Barbeito, oficial de infantaría, natural de Lugo, e Antonia Torres Fernández, natural da Coruña. Ingresou no Seminario de Tui en 1860, onde ocupou unha cátedra de Humanidades e foi bibliotecario, clasificando e ordenando os máis de 6 000 libros alí existentes. Comezou a escribir no Boletín Eclesiástico del Obispado de Tuy. (1980). "La prensa periódica viguesa en el siglo XIX" en Vigo en su historia, p. 496. Foi vicepresidente da sociedade La Juventud Católica del Miño,"Juventud Católica del Miño, La" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (en DVD). redactor de La Juventud Católica de Tuy e director da orquestra da catedral de Santa María. En 1871 abandonou os estudos eclesiásticos e trasladouse a Madrid onde exerceu o ensino musical, residindo na casa dos seus curmáns Lorenzo Quintero e Emilia Calé. (1996). "Teodosio Vesteiro Torres: Vida e Obra" (35,8 MB) en "Boletín del Instituto de Estudios Vigueses", n. 2 pp. 17-36. En 1872 morreu a súa nai, suceso que lle afectaría fondamente.

Colaborou en El Heraldo Gallego (Ourense), Revista Galaica (Ferrol), La Concordia e La Caridad-El Desengaño (Vigo). En 1875 fundou en Madrid a asociación Galicia Literaria, da que anos despois tomou o seu nome a revista Galicia Literaria. Escribiu en castelán, mais a maioría das súas obras son de temática galega seguindo a ideoloxía galeguista. (coord), Cochón, I. et alii: Diccionario da Literatura Galega, volume I (Autores), p. 607-608. Galaxia, 1995. ISBN 84-8288-019-5.

Despois de destruír os seus traballos de xuventude, suicidouse no Paseo do Prado disparándose un tiro cun revólver, na madrugada do 12 de xuño de 1876, deixando dúas cartas de despedida, unha a Manuel Curros Enríquez e outra a Valentín Lamas Carvajal. miniatura|page=3|Coroa de morte 'o inspirado escritor é doce poeta gallego...

Obras Flores para la soledad, seis melodías para canto e piano, 1871. Versos, 1874. Galería de Gallegos Ilustres, 5 tomos: Poetas de la Edad Media, Guerreros, Marinos, Príncipes y Diplomáticos e Artistas, 1874.Galería de Gallegos Ilustres. Tomo II. Guerreros (1874) na páxina da Real Academia Galega. Rimas de D. Rodrigo de Moscoso y Osorio, vizconde de Altamira. Siglos XV a XVI, 1875. Desde el cielo, zarzuela manuscrita inédita, Arquivo Municipal de Vigo., Jorge (2/5/2021). "El Vesterio Torres más desconocido", Faro de Vigo, p. 13 . Póstumas

Monografías de Vigo, 1878.Ficha do facsímile (1998) de Monografías de Vigo Instituto de Estudios Vigueses. Galería de Gallegos Ilustres. Apéndice, 1879. Páginas sueltas, 1892, publicado por Emilia Calé. Poesías, 1896, na Biblioteca Gallega de Martínez Salazar. Recuerdos de Galicia, 1896, con prólogo de V. Novo y García.Recuerdos de Galicia con prólogo de V. Novo y García en Galiciana. Biblioteca de Galicia.

Recoñecemento Após a súa morte, O Tio Marcos d'a Portela publicou o libriño de vinte páxinas Coroa de morte 'o inspirado escritor é doce poeta gallego Teodosio Vesteiro Torres,Coroa de morte 'o inspirado escritor é doce poeta gallego Teodosio Vesteiro Torres en Galiciana despois diso, El Heraldo Gallego publicou o libro Corona fúnebre á la memoria del inspirado escritor y poeta gallego Teodosio Vesteiro Torres (1877, 58 páx.), no que colaboraron Valentín Lamas Carvajal; José M. Hermida; Emilia Calé; Eduardo Álvarez Pertierra; A. J. Pereira; Emilia Pardo Bazán; Alfredo Vicenti; José Tresguerras Melo; Pastora Guerrero; José María Montes; Nicolás Taboada Fernández; Xoán Neira Cancela e Rafael Bugallal.Corona fúnebre á la memoria del inspirado escritor y poeta gallego Teodosio Vesteiro Torres (1877). miniatura|page=7|Corona fúnebre á la memoria del inspirado escritor y poeta gallego.... O concello de Vigo dedicoulle o nome do Parque Poeta Vesteiro Torres, no barrio de Coia.

O personaxe de Vesteiro, como fantasma do Museo do Prado, aparece na novela El Maestro del Prado y las pinturas proféticas (Planeta, 2013) de Javier Sierra Albert.: "Javier Sierra, invitado de Club Faro" Faro de Vigo, 11/4/2013 .

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

AAVV, "Vesteiro Torres, Teodosio" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (en DVD). AAVV, "Vesteiro Torres, Teodosio" en Dicionario biográfico de Galicia, t. 1, p. 305. Ir Indo. AAVV, "Vesteiro Torres, Teodosio" en Diccionario enciclopédico galego universal, t. 59, p. 48-49. Ir Indo-La Voz de Galicia. AAVV, Enciclopedia Espasa, v. 68, p. 184. ISBN 84-239-4568-5

Outros artigos La Galicia Literaria Emilia Calé Ligazóns externas Ficha en galegos.info "Tuy" de Teodosio Vesteiro Torres (I)

Categoría:Xornalistas de Vigo Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1847 Categoría:Finados en 1876 Categoría:Suicidios na década de 1870 Categoría:Suicidas de Galicia Categoría:Museo do Prado Categoría:Artigos destacados sobre Galicia Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Compositores de Galicia