Eladio Pérez Moure, nado en Ourense o 26 de abril de 1943, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Coles como independente e foi elixido alcalde por maioría simple. Nas municipais de 1987 pasou a encabezar a candidatura AP e Centristas de Galicia e volveu ser elixido alcalde, nesta ocasión por maioría absoluta. Nas municipais de 1991 foi candidato de Converxencia Centrista e foi novamente elixido con maioría absoluta. Á fronte da candidatura do PPdeG sería reelixido, tamén con maioría absoluta, nas municipais de 1995, 1999 e 2003. Nas municipais de 2007 perdeu a maioría absoluta, abandonando a alcaldía tras un pacto entre PSdeG-PSOE e BNG.

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Coles

Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes de Coles Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1943