Gallows é o terceiro álbum da banda inglesa de hardcore punk Gallows, publicado o 10 de setembro do 2012 a través do selo da banda Venn Records en asociación con PIAS Recordings. Trátase da primeiro álbum co seu novo vocalista, Wade Macneil, que substituíu o orixinal Frank Carter en agosto do 2011, cando este marchou da banda para formar Pure Love. É tamén o derradeiro álbum co guitarrista Steph Carter.

O álbum foi producido, mesturado e masterizado polos membros de Spycatcher Thomas Mitchener e Steve Sears no Broadfields Studio. O disco tamén foi publicado e distribuído nos Estados Unidos a través de Bridge Nine Records e en Australia e Nova Zelandia a través de Halfcut Records/Shock Records.

Listaxe de cancións

Categoría:Álbums de Gallows Categoría:Álbums musicais de 2012