A fisioloxía (do grego φύσις (physis) que quere dicir "natureza" ou "orixe", e -λογία (-logia) que significa "estudo de") é o estudo científico das funcións e mecanismos físicos e químicos que se desenvolven dentro dun sistema vivente. Como rama da bioloxía, céntrase no estudo dos organismos, sistemas biolóxicos, órganos, tecidos, células e biomoléculas e en como realizan as funcións químicas e físicas que existen nun sistema vivo.

Para entender as funcións fisiolóxicas é fundamatal a investigación dos fenómenos biofísicos e bioquímicos fundamentais, os mecanismos coordinados de control homeostáticos e a comunicación continua entre as células.

O estado fisiolóxico é a condición normal das funcións do corpo, mentres que o estado patolóxico céntrase nas anormalidades que ocorren por mor das doenzas animais, incluíndo os humanos. Segundo o tipo de organismos investigados, o campo pode dividirse en fisioloxía animal (incluíndo ós humanos), fisioloxía vexetal, fisioloxía celular e fisioloxía microbiana.

O Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina é concedido pola Real Academia das Ciencias de Suecia a aqueles que acadasen logros significativos nesta disciplina.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Widmaier, E.P., Raff, H., Strang, K.T. Vander's Human Physiology. 11th Edition, McGraw-Hill, 2009. Marieb, E.N. Essentials of Human Anatomy and Physiology. 10th Edition, Benjamin Cummings, 2012.