miniatura|dereita|O atacante austríaco Rubin Okotie tenta marcar un gol contra o equipo do Congo, no Campionato Mundial de Fútbol Sub-20 2007. Foto obtida no Commonwealth Stadium, en Edmonton, Alberta, no Canadá.

dereita|miniatura|Deportivo Abanca - FC Barcelona no estadio de Riazor, Primeira división española de fútbol feminino. O fútbol é un deporte de equipo que se xoga entre dous equipos de 11 xogadores que utilizan principalmente os seus pés para impulsar un balón ao longo dun campo rectangular chamado terreo de xogo. O fútbol é o deporte por equipos máis popular do mundo, tanto respecto ó número de espectadores como ó número de participantes activos. O organismo reitor do fútbol é a Fédération Internationale de Football Association (FIFA). Millóns de persoas xogan en clubs de afeccionados ou van a acotío ó estadio para apoiaren o seu equipo favorito. Os países de Europa e Suramérica son os que dominan o xogo a nivel internacional.

A FIFA é o organismo encargado de organiza-lo fútbol a nivel mundial, e para facilitar ese traballo, creou diversas organizacións continentais. Así, temos en Europa á UEFA; en África á CAF; en América do Norte, Central e Caribe, á CONCACAF; en Suramérica á CONMEBOL; en Asia á AFC; e en Oceanía á OFC.

Dentro das competicións a nivel mundial, o torneo máis relevante é o Copa do Mundo, polo que a seleccións nacionais se refire, que se disputa cada catro anos. En canto a clubs, o torneo máis importante é a Copa Mundial de Clubs da FIFA, que disputan os campións de tódalas confederacións. Este torneo substitúe á antiga Copa Intercontinental.

Nome As regras do fútbol codificounas en Inglaterra a Football Association en 1863 e o deporte pasou a se coñecer como association football para distinguilo das moitas versións de fútbol que existían entón, especialmente do rugby football que tiña as súas propias regras dende 1848. Non obstante, a primeira referencia ó "balón inchado co que se xogaba" data de mediados do século XIV e coa forma foteballe.. A palabra soccer (outra denominación que recibe o fútbol en inglés) é unha abreviación coloquial do termo Association e apareceu primeiro en 1889 como socca. A súa orixe débese a un estudante de Oxford chamado Charles Wreford Brown, quen xogou para a selección inglesa e chegou ó posto de vicepresidente da Asociación de Fútbol. A finais do século XIX, soccer era a palabra coas que as clases altas se referían ó xogo, practicado nas escolas privadas, namentres que a clase traballadora empregaba o termo football. En inglés a forma association football caeu en desuso, mais algúns equipos e institucións aínda a empregan nos seus nomes oficiais. No Reino Unido emprégase "football" e "soccer" no Canadá e os Estados Unidos. Nalgúns países onde son populares outras versións de fútbol (Australia, Irlanda, Gales, Suráfrica e Nova Zelandia) usan as dúas formas. Así e todo, as asociacións nacionais de Australia e Nova Zelandia empregan principalmente "football" en situacións formais.

O deporte chegou ó resto do mundo grazas ós inmigrantes británicos e os países que recibiron o deporte adoptaron o termo inglés. Así, pasou a ser fußball en alemán, voetbal en holandés, fotbal nas linguas escandinavas, futebol en portugués e fútbol en castelán. En francés, a escrita non se modificou e a actividade coñécese como le football (con frecuencia abreviado a le foot), aínda que no Quebec se coñece como le soccer, dado á coexistencia co football canadien. En Italia, un ritual da corte florentina coñecido como il calcio storico era semellante abondo ó deporte, e decidiron emprega-la palabra calcio para nomear a actividade.

En Gran Bretaña, ó fútbol chámaselle coloquialmente footie.

Historia do fútbol

Orixes

A humanidade, desde a antigüidade, practicou ao longo da súa historia diversos xogos de pelota. Os xogos de pelota con patadas xurdiron de forma independente en múltiples culturas. O xogo competitivo chinés cuju (蹴鞠, literalmente "bola de patada") aseméllase ao fútbol asociativo moderno. Os xogadores de cuju podían usar calquera parte do corpo ademais das mans e a intención era lanzar un balón a través dunha abertura nunha rede. Durante a dinastía Han (206 a. C. – 220 d. C.), os xogos de cuju foron estandarizados e establecéronse regras.

Coñécese que este entretemento existía tanto na cultura do mar Mediterráneo como en América. O achado máis antigo e revelador remóntase a un relevo da Antiga Grecia (400 a. C.), onde un home domina unha pelota sobre a súa coxa. Este deporte era o episkyros, que se xogaba cunha pelota de coiro pintada con cores brillantes e dous equipos de 12 a 14 xogadores. A FIFA recoñeceuno como unha das formas máis antigas do actual fútbol. Máis tarde, en Roma, o mesmo recibiu o nome de harpastum.

En Europa, xa a finais da Idade Media e séculos posteriores, desenvolvéronse nas illas británicas e zonas contiguas distintos xogos de equipo, aos cales coñecianse como códigos de fútbol. Estes códigos fóronse unificando co paso do tempo, pero foi na segunda metade do século XVII cando se deron as primeiras grandes unificacións do fútbol, que máis tarde deron orixe ao fútbol de rugby, ao fútbol americano, ao fútbol australiano e ao deporte que hoxe se coñece en gran parte do mundo como fútbol a secas.

Noutras zonas do mundo tamén se practicaban xogos nos que unha pelota era impulsada cos pés. Entre elas poden mencionarse as misións xesuíticas na zona guaraní, máis especificamente na de San Ignacio Miní no século XVII, na rexión que agora se coñece como Misións. O xesuíta español José Manuel Peramás escribiu no seu libro De vita et moribus tredecim virorum paraguaycorum: «Adoitaban tamén xogar cun balón, que, aínda sendo de goma chea, era tan lixeiro e rápido que, cada vez que o golpeaban, seguía rebotando algún tempo, sen pararse, impulsado polo seu propio peso. Non lanzaban a pelota coa man, como nós, senón coa parte superior do pé espido, pasándoa e recibíndoa con gran axilidade e precisión». “Si, os guaranís xogaban un xogo de pelota cos pés. Descríbeo o pai xesuíta José Cardiel, no libro As misións do Paraguai” (Madrid, Historia 16, 1989, p. 135): Os guaranís non xogan á pelota como nós coa man, senón que a envían e vólvena a recibir coa parte superior do pé descalzo con gran rapidez e moita destreza” (José Manuel Peramás, Platón y los Guaraníes. Asunción, CEPAG, 2004, p. 97).

Os primeiros códigos británicos caracterizábanse por ter poucas regras e pola súa extrema violencia. Un dos máis populares foi o fútbol de entroido. Pola devandita razón o fútbol de entroido foi prohibido en Inglaterra por decreto do rei Eduardo III e permaneceu prohibido durante 500 anos. O fútbol de entroido non foi o único código da época; de feito existiron outros códigos máis organizados, menos violentos e mesmo que se desenvolveron fóra das illas británicas. Un dos xogos máis coñecidos foi o calcio florentino, orixinario da cidade de Florencia (Italia). Este deporte influenciou en varios aspectos ao fútbol actual, non só polas súas regras, senón tamén polo ambiente de festa en que se xogaban estes encontros.

Con todo o fútbol en si non ten unha historia clásica. A pesar de calquera similitude con outros xogos de pelota xogados en todo o mundo, a FIFA recoñeceu que non existe conexión histórica con ningún xogo xogado na antigüidade fóra de Europa.

Unificacións do século XIX miniatura|upright|Unha representación do calcio florentino durante o século XVII. A historia do fútbol en Inglaterra remóntase polo menos ao século VIII. As regras modernas do fútbol asociativo baséanse nos esforzos de mediados do século XIX para estandarizar as formas moi variadas de fútbol que se xogaban nas escolas públicas de Inglaterra. Os colexios británicos dividíronse fronte o código do rugby; mentres varios decidiron seguilo, outros decidiron rexeitalo debido a que neles a práctica era non tocar o balón coa man. Entre estes últimos colexios atopábanse os de Eton, Harrow, Winchester, Charterhouse e Westminster. A mediados do século XIX déronse os primeiros pasos para unificar todos os códigos do fútbol nun. O primeiro intento foi en 1848, cando na Universidade de Cambridge, Henry de Winton e John Charles Thring fixeron un chamamento a membros doutras escolas para regulamentar un novo código, o Código Cambridge, tamén coñecido como as Regras de Cambridge. As regras presentaban un importante parecido ás regras do fútbol actual. Quizais o máis importante de todos foi a limitación das mans para tocar a pelota, pasando a responsabilidade de trasladar a mesma aos pés. O obxectivo do xogo era facer pasar unha pelota entre dous postes verticais e por baixo dunha cinta que os unía, e o equipo que marcaba máis goles era o gañador. Mesmo se creou unha regra de fóra de xogo similar á actual. Os documentos orixinais de 1848 perdéronse, pero consérvase unha copia das regras de 1856. Entre 1857 e 1878 utilizouse un código do fútbol que tamén achegaría características ao fútbol moderno: o Código Sheffield, tamén coñecido como as Regras de Sheffield. O código, creado por Nathaniel Creswick e William Prest, adoptou regras que se ven reflectidas no fútbol actual, como o uso dun traveseiro (poste horizontal) de material ríxido, en lugar da cinta que se usaba ata o momento. Tamén se adoptou a utilización de tiros libres, saques de esquina e saques de banda como métodos de continuación do xogo.Código Sheffield en Wikisource en inglés

Aínda que con estas unificacións do fútbol lográronse varios avances para a creación do fútbol moderno, considérase que o día do seu nacemento é o 26 de outubro de 1863, cando The Football Association reuniuse por primeira vez. Ese día, Ebenezer Cobb Morley iniciou unha serie de seis reunións entre doce clubs de distintas escolas londinienses na Taberna Freemason's, co obxectivo de crear un código de fútbol universal e definitivo, que tivese a aceptación da maioría. miniatura|upright| 0-0 , primeiro partido oficial entre seleccións (30 de novembro de 1872).Finalizadas as reunións, o 8 de decembro, once dos doce clubs lograron o consenso para establecer 14 regras do novo código, o cal recibiría o nome de fútbol asociación (association football en inglés), para diferencialo doutros códigos do fútbol da época. Só o club Blackheath negouse á creación destas regras, que máis tarde se convertería nun dos creadores doutro famoso deporte, o rugby.

O regulamento utilizado como base para o fútbol foi o Código Cambridge, excepto en dous puntos do mesmo, os cales eran considerados de moita importancia para os códigos actuais: o uso das mans para trasladar o balón e o uso dos tackles (contacto físico brusco para quitarlle a pelota ao rival) contra os adversarios. Este foi o motivo do abandono do club Blackheath.

Xunto á creación do novo código creouse a The Football Association (FA), órgano que rexe ata a actualidade o fútbol en Inglaterra. Neses momentos, os estudantes das escolas inglesas desenvolveron as abreviaturas "rugger" e "soccer" (derivado de "association"), para designar a ambos os deportes: o rugby e o fútbol, respectivamente. Con este último termo é maioritariamente coñecido o fútbol nos Estados Unidos. Primeiros eventos Xa co fútbol ben definido, comezáronse a disputar os primeiros encontros con este novo código.

O 20 de xullo de 1871, un xornal británico anunciou a creación dun torneo organizado pola FA, o primeiro paso para a creación da Copa de Inglaterra. Ese ano, a FA estaba composta por 50 equipos, pero só 12 decidiron participar na primeira edición do torneo, (en inglés) «The History of The FA.» Sitio web oficial de The FA. Consultado o 27 de setembro do 2022. 1871-1872, que foi gañada polo Wanderers FC. O 30 de novembro de 1872, e disputaron o primeiro partido oficial entre seleccións nacionais, encontro que concluíu en empate sen goles. O partido disputouse no Hamilton Crescent, actual campo de crícket, en Partick (Escocia).