Alberte Mera García, nado en Vigo o 9 de maio de 1987, é un xornalista e político galego.
Traxectoria Licenciado en Comunicación Audiovisual (guión e dirección) pola Universidade de Vigo e de Santiago, especializouse con estudos de máster en comunicación e industrias creativas. Dirixiu as longametraxes documentais sobre procesos mobilizadores en Galiza: Clamor da Terra (2012) e Lume Novo (2013). Foi membro do grupo audiovisual Ollo de Vidro e actualmente traballa no eido da información, márqueting e comunicación dixital.
Foi responsábel dos CAF no campus de Pontevedra e de Galiza Nova, da que foi elixido secretario xeral o 18 de novembro de 2012, no marco da XII Asemblea Nacional. En 2016 foi elixido membro da Executiva do BNG. Deixou a secretaría xeral de Galiza Nova en novembro de 2016 e foi substituído por Alberte Fernández Silva.
Dirixiu no ano 2019 a longametraxe documental Reboiras: Acción e Corazón (2020), que retrata a vida de Moncho Reboiras.
Como xornalista traballou en Atlántico Diario e Xornal de Galicia, escribe en Nós Diario e colabora nas revistas A Movida e Terra e Tempo. En setembro de 2024 pasou a ser o director de Nós Diario logo da marcha da súa anterior directora, María Obelleiro.
Filmografía Curtametraxes Poetas do Inmediato (2009) Camiño da Memoria (2011) Deixádeas Pasar (2012) Meirás (2019)
Longametraxes Clamor da Terra (2012) Lume Novo (2013) Reboiras: Acción e Corazón (2020)
Publicacións
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas 15px 15px 15px
Categoría:Políticos do BNG Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1987 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Secretarios xerais de Galiza Nova