A música disco é un xénero de música de baile derivada do R&B (rhythm and blues) que mesturou elementos de xéneros anteriores, como o funk e o soul, con toques latinos en moitos casos, e que se popularizou nas salas de baile (discotecas) a finais dos setenta.

Características xerais da música disco miniatura|250px|Bóla de espellos representativa da época disco. Estrutura musical da música disco Ritmo musical A música pop dominou a escena musical ata o comezo da "disco", na primeira metade dos anos 70. As cancións disco normalmente estaban estruturadas sobre un repetitivo compás de 4/4, marcado por unha figura de charles, de oito ou dezaseis tempos, con hi hat aberto nos tempos libres, e unha liña predominante de baixo sincopado, con voces fortemente reverberadas. Son facilmente recoñecibles polos seus ritmos repetitivos (xeralmente entre 110 e 136 bpms por minuto) e pegadizos, con frecuencia inspirados por ritmos de orixe latina como merengue, rumba ou samba. O uso do open hi-hat a un ritmo 4/4 percíbese claramente en temas como "The Love I Lost", de Harold Melvin & The Blue Notes en 1972, unha produción de Gamble e Huff.<ref name=Guardian>The-Disco High Hat Pattern </ref>

Harmonías e arranxos O son orquestral usualmente coñecido como son disco fundamentabase na presenza de seccións de corda (violíns, violas, violoncellos...) e metais, que desenvolvían frases lineais en unisón, tras a base instrumental formada polo piano eléctrico e a guitarra eléctrica (con toques claramente tomados do funk). Ao contrario que no rock, a guitarra solista é pouco usual

O resultado era unha especie de muro de son, brillante, cos grupos orquestrais tomando os papeis solistas e cun background harmónico, fundamentado nunha progresión de acordes ben definida (menor/sétima/menor), con predominio dos acordes de sétima maior.

Ámbito temporal A música disco ten a súa etapa de maior proxección nun período de 10 anos comprendido entre 1972 e 1982, aproximadamente, cun revival nos anos 1990.

Precisamente cara á metade dos 70, obtiveron os seus principais éxitos os intérpretes máis característicos da música disco, como Donna Summer, The Jackson 5, Gloria Gaynor, Barry White, Bee Gees, KC and the Sunshine Band, Village People, Boney M ou ABBA. Outros moitos artistas que, normalmente, non traballaban o xénero, gravaron cancións disco na cima da súa popularidade, por exemplo Leo Sayer (You Make me feel like dancing), Rod Stewart (Do you think i'm sexy?), Electric Light Orchestra (Last Train To London) e Blondie (Heart Of Glass).

Diversas películas, como Saturday Night Fever e Thank God It's Friday, contribuíron ao éxito da música disco entre o público. Aínda que a popularidade da música disco declinou a comezo dos anos 80, mantivo unha importante influencia no desenvolvemento da música de baile electrónica dos anos 80 e 90, así como en xéneros como o House ou o Techno.

Historia Orixes Soul de finais dos 60 A música disco toma as súas raíces do soul de finais dos anos 60, e nese proceso de evolución toman parte un importante número de artistas do xénero, que van achegando paulatinamente os elementos que acabarán definindo a música disco. Barry White é un destes nexos e o primeiro que resaltou o papel do ritmo fronte ás melodías e arranxos orquestrais. Con todo, quizais sexa o tema de Jerry Butler, Only the Strong Survive (1969), o primeiro exemplo de combinación dos elementos que definirían a música disco. Este tema axuntaba os sons do soul de Filadelfia e Nova York, xunto coas evolucións do son Motown.

O soul de Filadelfia, precisamente, caracterizábase pola súa mestura de percusión hipnótica con arranxos de cordas, e a súa pegada vese claramente en temas como "Soul Makossa" (1972), de Manu Dibango, un dos primeiros grandes éxitos disco. Con todo, o termo disco non foi utilizado ata que o crítico Vince Aletti incluír na revista Rolling Stone, no seu artigo "Discotheque Rock '72: Paaaaarty!".

Studio 54 e outras salas Se houbese que identificar cada música cun lugar, o fortín da música disco sería, sen dúbida, a soada discoteca neoiorquina "Studio 54" (1977-1986) onde os djs, coa finalidade de prolongar a diversión, e utilizando para iso dous pratos cunha mesma canción, lograron estender considerablemente a duración dos temas de éxito. Iso deu como resultado as versións de 12 polgadas, onde se invitaba a bailar, e moverse gozando da música, segundo o termo definitorio do momento: Boogie.

Algunhas outras salas de baile tamén obtiveron prestixio: The Limelight, Magique, L'amour, Sanctuary, Paradise Garage etc.

Primeiros éxitos nas listas O tema "Rock The Boat" de Hues Corporation (1974) foi nº 1 nos charts de singles e vendeu máis de 2 millóns de copias, converténdose así no pioneiro dos grandes éxitos da música disco.

Tamén alcanzaron este privilexiado status outros temas como "Love's Theme", de Barry White & Love Unlimited Orchestra, a comezos de 1974. Ese mesmo ano, Gloria Gaynor publicou o primeiro álbum de vinilo con formato disco mix, que alcanzou o nº 1 das listas, grazas a que incluía unha versión dun tema de The Jackson 5, "Never Can Say Goodbye", que se converteu en paradigma do xénero.

Con todo, foron os Bee Gees quen puxeron cara á música disco. O grupo fora popular na década anterior polas súas baladas, e ata competeran cos Beatles nos charts (lista de éxitos musicais), aínda que desapareceran durante algún tempo. A habilidade de Barry Gibb para cantar en falsete e a inmersión do grupo no disco, proporcionáronlle o seu primeiro nº 1 logo de moitos anos con Jive Talkin (1975) e, sobre todo, con You should be dancing (1976). Ambos temas incluíronse, posteriormente, na banda sonora da película Saturday Night Fever (1977).

En 1975, éxitos como "The Hustle", de Van McCoy ou "Love to Love You, Baby", de Donna Summer, acabaron por consolidar a primacía da música disco. Houbo outros moitos temas de grande éxito, a nivel mundial, entre 1974 e 1975: The Jackson 5 con "Dancing Machine" (1974), Barry White e o seu "You're the First, the Last, My Everything" (1974), "Lady Marmalade" (1974) do trío Labelle, The Four Seasons e o seu "December, 1963 (Oh, What a Night)" (1975) ou Silver Convention, con "Fly Robin Fly" (1975) e "Get Up and Boogie" (1976).

1975-1979: a idade de ouro A partir de 1975, un gran número de artistas que nunca antes tocaran o xénero, comezan a gravar cancións disco, en moitos casos por imposición das discográficas, buscando un hit. Exemplos notables disto, foron temas como Got to give it up (Marvin Gaye, 1977);You Make Me Feel Like Dancing (Leo Sayer, 1977); Miss You (Rolling Stones, 1978); "I was made for lovin' you" (KISS, 1979); Copacabana (Barry Manilow, 1978); I'm every woman (Chaka Khan, 1978); Silly love song (Wings, 1976); Boogie Nights (Heatwave 1978); Do You Think I'm Sexy? (Rod Stewart, 1979); Last train to London (Electric Light Orchestra, 1979); ou os éxitos de Michael Jackson, Don't Stop 'til You Get Enough e Off the Wall (1979). A publicación da Banda sonora da película Saturday Night Fever (Febre do sábado noite) (1977), un dos álbums máis vendidos da historia da música popular, catapultou aos Bee Gees, novamente, ao número 1 das listas de éxitos de todo o mundo, con oito sinxelos diferentes, entre os que destacan Stayin' Alive, You Should Be Dancing, Night Fever e Jive Talkin o que os converte nos Reis da música disco.

Na mesma época na que o xénero se consolidaba, algunhas agrupacións alleas ao mesmo introducíronse na música disco, asimilando tanto elementos do son de Nova York, como do de Filadelfia, e engadindo tamén toques latinos; por exemplo, a Salsoul Orchestra, dirixida por Vincent Montana Jr. Paralelamente o xénero en Europa desenvolve algúns éxitos no modo italo-disco co grupo La Bionda. Incluso algúns grupos de rock de primeira liña publicaron temas con claras influencias disco: Miss you de Rolling Stones, I was made for lovin'you de Kiss etc. Tamén grandes factorías de Hollywood, como Disney, víronse influenciadas polo xénero. Os estudos Disney, publicaron, en 1979, un LP denominado Mickey Mouse Disco con algunhas pistas que chegaron a ser moi coñecidas, como Macho Duck e Disco Mickey Mouse (con versións en inglés e castelán). O disco publicouse en ambos idiomas e alcanzou un éxito aceptable, constituíndo un achegamento infantil á música disco. Do mesmo xeito, publicouse Sesame Street Fever coas personaxes de Barrio Sésamo, os cales tamén interpretaban música disco de tipo familiar e onde tamén colaborou Robin Gibb dos Bee Gees.

As series e programas de TV da época en xeral adoptan pistas de presentación e de acompañamento de escenas de acción baseadas na música disco. É o caso de CI5 The Professionals (1977), CHiPS (1977), ou Wonder Woman (1977).

O declive do xénero Os antidisco A popularidade de Febre do Sábado Noite (Saturday Night Fever), levou ás grandes discográficas a inundar o mercado de produtos disco feitos de forma mecánica e homoxeneizada para cubrir a demanda crecente da audiencia. A vulgaridade destes produtos e a aparición de alternativas de baile evolucionadas (Dance, Techno...), crearon un sentimento antidisco cada vez máis perceptible. As emisoras de radio comezaron a abandonar a música disco, sobre todo a partir de 1980. A urxencia de escenas alternativas, tanto no rock (Punk, New wave...) como na música R&B (Rap, hip hop...) tamén contribuíron ao declive do xénero.

O 12 de xullo de 1979, tivo lugar unha acción antidisco en Chicago, impulsada por diversos DJs de emisoras de rock, como Steve Dahl, Gerry Meier ou Michael Veeck, e que adoptou formato de evento, baixo o nome de Disco Demolition Night. O asunto incluíu a queima de álbums de música disco e acabou cun forte enfrontamento coa policía, e numerosos arrestados. Este conflito, influíu seriamente no cambio da paisaxe sonora nos charts. No entanto, aínda continúa habendo algúns éxitos disco a comezo dos oitenta, aínda que cun estilo evolucionado e simplificado: Lipps Inc. (Funkytown, 1980); Kool & the Gang (Celebration, 1980); The Weather Girls (It's raining men, 1982); The Pointer Sisters (I'm so excited, 1982); Michael Jackson (Thriller e Billie Jean, 1982); Queen (Body Language, 1982); The Mary Jane Girls (In My House, 1983); Prince (1999, 1983); Irene Cara (Flashdance, 1983); ou Madonna (Lucky Star, 1983) , Baltimora (Tarzan Boy, 1984) e Gloria Estefan (Conga, 1985).

Do son disco ao son house A transición entre a música disco dos 70 e o Dance dos 80, prodúcese basicamente nos estudios de gravación. Segundo afirmacións de Gloria Gaynor, o cambio orixínase debido a que os produtores comezan a ter sobrecustos nas súas edicións. Así que se substitúen as seccións de corda e vento, e o amplo conxuntos de músicos de sesión por sofisticados secuenciadores e caixas de ritmos. Deste xeito nacen estilos primixenios do Dance como o Hi-NRG e o electro.

Paralelamente o xénero, xa decadente, asimila variadas influencias do jazz e o blues, xerando novas vías de desenvolvemento (Acid jazz, Groove) que inundan as discotecas dos Estados Unidos e o Reino Unido entre 1980 e 1983. Entre os primeiros exemplos de Dance xa recoñocibles, atopamos a D.Train, Kashif ou Patrice Rushen

O single Planet Rock de Afrika Bambaataa (1982), producido por Arthur Baker, marca o xiro definitivo do disco cara ao hip hop e o techno, fortemente influenciado, entre outros, por Kraftwerk e o seu Trans Europa Express. O nome do estilo foi electro funk.

Serían finalmente produtores, como o propio Giorgio Moroder en Europa, e Larry Levan ou Frankie Knuckles nos Estados Unidos, quen, xogando con loops e baixos poderosos, impulsarían o house, vinculado a clubs como o Paradise Garage (Nova York) ou o Warehouse, en Chicago.

O rexurdimento do disco nos anos noventa