Dino Pacio Lindín, tamén coñecido como Dino de Ximil, nado en Xemil, na parroquia de BretoñaXimil, oficialmente Xemil."Dino Pacio Lindín naceu o 18 de novembro de 1934 en Ximil, un lugar montesío duns 10 quilómetros cadrados que está a carón de Úbeda, pero que figura como parte da parroquia de Bretoña (A Pastoriza, Lugo)" En: (Pastoriza) o 18 de novembro de 1934, é un sociólogo, escritor e profesor galego, coñecido pola súa actividade na educación bilingue de adultos entre a comunidade hispana dos Estados Unidos e por ser o fundador de Solidaridad Humana.
Traxectoria Fixo os seus primeiros estudos na Escola de Cadavedo, da mán do mestre republicano Eladio Iglesias.
Foi alumno do Seminario de Santa Catalina de Mondoñedo, onde obtivo o primeiro premio en Latín á idade de 17 anos.
Realizou estudos universitarios en Comillas, Roma e Madride de linguas modernas na Universidade de Friburgo e de socioloxía en Harvard.Doutorouse na Universidade de Madrid coa tese: El nuevo lenguaje de la poesía rock en 1969.
Foi ordenado sacerdote o 29 de xuño de 1960 na igrexa parroquial de Bretoña e nese ano foi presbítero na parroquia de San Cosme de Galgao. Entre 1960 e 1965 foi profesor de Ética e socioloxía no Seminario Maior de Mondoñedo. Impartiu clases de socioloxía en Mondoñedo entre 1961 e 1966 e realizou un labor social de promoción educativa e humana para os nenos máis desfavorecidos nas aldeas de Pastoriza, Abadín e Mondoñedo.
En 1970 emigrou aos Estados Unidos de América onde ensinou socioloxía da xuventude nas universidades de Fisher e Forham.(Nova York) Da "Escola nos apartamentos" a "Solidaridad Humana" En 1971, cando era profesor na Universidade de Rochester, Nova York, iniciou un proxecto baseado na educación global para atender as necesidades da comunidade emigrante e marxinada. Este proxecto, chamado "Escola nos apartamentos" permitía que estudantes acomodados desa universidade lles aprenderan inglés aos emigrantes hispanos, a maioría dominicanos residentes no Lower East Side de Manhattan, en horario nocturno, a cambio da pernocta nos seus apartamentos.O proxecto desenvolveuse por algo máis dun ano e incluía un programa de alfabetización e educación básica. A Universidade da Cidade de Nova York (CUNY) implicouse neste proxecto no verán de 1972, achegando medios e locais para levar a cabo as actividades. O proxecto medrou e transformouse, a finais de 1973, nunha corporación educativa e nun Programa de Grao coñecido como "Universidade do bairro" ou "Universidade sen muros", centrado na alfabetización e inmersión da comunidade inmigrante na lingua inglesa. O convenio coa Universidade da Cidade de Nova York limitaba a dous anos o tempo máximo deste programa, polo que en 1975 presentouse de novo baixo o nome "Solidaridad Humana".Esta denominación era moi usada na época e relacionábase coa reciprocidade responsable.Nesa altura a organización pasou a chamarse Solidaridad Humana. Comprehensive Learning Program e nela participaban voluntarios procedentes dos estudos de Socioloxía da Universidade Estatal de Nova York (SUNY). Finalmente consolidouse como programa de extensión universitaria bilingue da SUNY en 1977, con sede na antiga escola pública 160 no nº 107 de Suffolk Street,que fora cedida pola cidade de Nova York. En 1983 Pacio Lindín acadou o posto de profesor e director do programa bilingue da SUNY no Baixo Manhatan.
Para reforzar este proxecto educativo Dino Pacio realizaba un programa televisivo na cidade de Nova York titulado tamén Solidaridad Humana, que foi escollido como un dos programas máis destacados dos Estados Unidos entre a comunidade hispana no ano 1978.En 1980 un artigo do New York Times sinalaba o proxecto de Solidaridad Humana como un exemplo de éxito dun programa comunitario.
Dino Pacio tamén foi consultor no programa de formación do Sindicato de Traballadores da Confección e o Téxtil (Amalgamated Clothing and Textile Workers Union)Ademais traballou como asistente especial do Consortium for Workers Education (CWE) entre 1985 e 1989.
Foi membro da Casa Galicia, na que levou os asuntos culturais entre 1986 e 1990.
Impartiu cursos de doutoramento na Universidade de Málaga entre 2001 e 2005
En 2017 seguía a formar parte da Universidade Estatal de Nova York (SUNY) como Mentor Emérito no SUNY State College (2007) Undergraduate Catalog. NY, SUNY,p. 153
Premios e recoñecementos Solidaridad Humana recibiu en 1981 o premio "Dissemination", outorgado polo fondo para a Mellora do Ensino superior dos Estados Unidos Premio Nacional de Servizo á Comunidade en 1982, outorgado pola Nacional Association of Community Colleges dos Estados Unidos. Premio Trilingual Authors (1980).
Obras Juventud radical 1956-1968. Madrid: Ediciones Felmar, 1978.Tentou a súa publicación no ano 1969, pero a censura non permitiu que vira a luz ata 1978 Terra húmeda. Lugo: Ediciones Celta, 1979. Worker education in search of a theory. Manuscrito sen publicar, Amalgamated Clothing and Textile Workers Union, Nova York. Biliterate Immigrants in a Community Setting. Nova York: Universidade Estatal de Nova York, 1991. Hispanos y españolusa, 1991. "Ximil Comunal". Pena do Encanto. Vilalba, 2003
Notas
Referencias
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en galegos.info Ficha na base de datos Galician New York a Cultural History Entrevista en El Progreso
Categoría:Nados en Pastoriza Categoría:Nados en 1934 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Profesores da Universidade de Málaga Categoría:Profesores da Universidade de Rochester Categoría:Profesores da Universidade Estatal de Nova York Categoría:Profesores da Universidade de Nova York Categoría:Alumnos da Universidade de Friburgo Categoría:Alumnos da Universidade Pontificia Comillas Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Sociólogos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua inglesa