A filosofía (do grego - φιλοσοφία philos / sophia, "amor á sabedoría"[en Infopédia [en liña]. Porto: Porto Editora, 2003-2014. [consultado 30 de xuño dp 2018]. Dispoñible en Internet: http://www.infopedia.pt/$filosofia]Priberam) é o estudo das cuestións xerais e fundamentais relacionadas coa natureza da existencia humana, do coñecemento, da verdade, valores morais e estéticos, da mente, da lingua e do universo no seu conxunto.Teichman, J.; Evans, K. C. Philosophy: a beginner's guide. 3rd ed. Oxford: Blackwell. En suma pódese dicir que é a procura do coñecemento puro sen deixarse corromper por sistemas preestabelecidos.

A filosofía responde ó desexo de saber, busca coñecer as causas das cousas, indagando a verdade e os seus problemas. Neste senso é máis crítica que dogmática. Ata o século XVIII - XIX, facía referencia ó conxunto de saberes desinteresados e racionais, que tiñan por obxecto a comprensión xeral do ser humano e do mundo, buscando conclusións sobre as súas causas últimas e bases máis profundas, polo que se diferencia da ciencia, que estuda de xeito único as materias que entran no seu propio campo, dende o punto de vista da súa descrición e explicación por causas próximas.

A filosofía aspira a un coñecemento racional da realidade polas últimas causas, e por iso, considerábase ciencia. Porén, coa nova e máis restritiva noción de ciencia, que aparece na época moderna vinculada ó método matemático e experimental, a filosofía deixa de considerarse ciencia a partir do século XIX.

As súas disciplinas son a lóxica, a epistemoloxía, a metafísica, a estética e a ética. A psicoloxía, o mesmo que as demais ciencias, desenvolveuse a partir da filosofía.

Orixes históricas A palabra filosofía gaña, en dimensións específicas de tempo e espazo, concepcións novas e diferentes tornando difícil a súa exacta localización.

Historicamente, a filosofía comeza con Tales de Mileto, aínda que este principio histórico sexa máis un punto de referencia que unha discusión xa acabada. Aristóteles escribiu que a filosofía foi posible a través do lecer, pois, unha vez resolvidos os seus problemas de vivenda, alimentación, vestiario, e sendo dispensados da necesidade do traballo pesado, os gregos puideron dedicarse á investigación filosófica.

Tales foi o primeiro dos filósofos presocráticos, ou filósofos da Physis, que buscaban a arché, que era un principio que, alén de ser o principio de todas as cousas, debería tamén compor (ou formar parte de) todas as cousas, e mesmo ser a última de todas as cousas.

Platón é quen inicia esta nova linguaxe, a filosofía como a coñecemos, a busca da esencia, a ontoloxía, dos conceptos universais en detrimento do coñecemento vulgar e sensorial. Anteriormente a el, a filosofía era discutida por sabios, era o amor pola sabedoría daqueles que experimentaran a propia ignorancia, concepto, ao que parece, atribuído por Pitágoras.

Por moito tempo a filosofía incluía todo o que era coñecemento, abonda con ver a vasta obra de Aristóteles, que abrangue desde a física ata a ética. Aínda hoxe é difícil definir o obxecto exacto da filosofía.

Os seus obxectos propios son:

Metafísica: concernente aos estudos daquilo que non é físico (physis), do coñecemento do ser (ontoloxía), do que transcende o sensorial e tamén da teoloxía. Epistemoloxía: estudo do coñecemento, teoriza sobre a propia ciencia e de como sería posible a aprehensión deste coñecemento. Ética: para Aristóteles, é parte do coñecemento práctico xa que nos mostraría como debemos vivir e actuar. Estética: a procura do belo, a súa conceptuación e cuestionamento. O entendemento da arte. Lóxica: a procura da verdade, o seu cuestionamento, a razón.

Historia

Como disciplina, a historia da filosofía pretende ofrecer unha exposición sistemática e cronolóxica dos conceptos e doutrinas filosóficas. Algúns teóricos ven isto como parte da historia intelectual, pero tamén investiga cuestións que non están cubertas pola historia intelectual, como se as teorías dos filósofos do pasado son verdadeiras e se mantiveron filosoficamente relevantes. A historia da filosofía preocúpase principalmente de teorías baseadas na indagación racional e na argumentación; algúns historiadores enténdeno nun sentido máis laxo que inclúe mitos, ensinanzas relixiosas e tradición proverbial.

Entre as tradicións influentes na historia da filosofía atópanse a occidental, a árabe-persa, a india e a filosofía chinesa. Outras tradicións filosóficas son a filosofía xaponesa, a filosofía latinoamericana e a filosofía africana.

Occidental Filosofía antiga Os presocráticos

miniatura|upright|esquerda|alt=Busto de Aristóteles|Aristóteles foi unha figura importante da filosofía antiga e desenvolveu un amplo sistema de pensamento que incluía a metafísica, a lóxica, a ética, a política e as ciencias naturais. A filosofía occidental orixinouse na Antiga Grecia no século VI a. C. cos presocráticos. Estes tentaron ofrecer explicacións racionais do cosmos no seu conxunto.* A era presocrática durou uns dous séculos, durante os cales a expansión do imperio persa estendeuse cara ao oeste, mentres que os gregos avanzaban polas rutas comerciais e marítimas, chegando a Chipre e a Siria. A filosofía que os inspirou foi desenvolvida por Sócrates (469-399 a. C.), Platón (427-347 a. C.) e Aristóteles (384-322 a. C.). Ampliaron o abanico de temas a cuestións como a como deben actuar as persoas, a como chegar ao coñecemento e cal é a natureza da realidade e a mente.

Aínda que aceptamos que a filosofía grega recibiu achegas temáticas das culturas orientais,O propio Aristóteles sinalara como existían analoxías de filosofía coas culturas non só dos exipcios, senón tamén dos caldeos e xudeus e, mesmo, dos magos iranianos (Zoroastro). A perspectiva racional e analítica apenas se empregou en Oriente, mentres que será a base da grega, e a maioría dos historiadores da filosofía actuais afirman a autonomía e orixinalidade da filosofía gregaF. Cioffi ed altri, I filosofi e le idee, ibidem nada en Mileto, colonia grega da Asia Menor, no século VI a.C., argumentando: que mesmo os autores da filosofía clásica máis próxima ao pensamento oriental (Platón, Aristóteles, etc.), aínda que recoñecen a importancia da cultura oriental, salientan a súa natureza práctica e non fan mención dunha derivación oriental da filosofía; que non temos confirmación de ningunha tradución de textos orientais por filósofos gregos, xa que evidentemente había dificultades lingüísticas para comprender as culturas orientais; que a sabedoría oriental baseabase en coñecementos considerados verdades teolóxicas indiscutibles, coñecidas só por un pequeno grupo de persoas, os chamados "sacerdotes": verdades que non tiñan como obxectivo o desenvolvemento da racionalidade, senón que estaban orientadas ideoloxicamente cara ao logro dunha vida despois da morte ou practicadas para o crecemento das facultades espirituais relacionadas coa sacralidade, polo que o problema central que os orientais propoñian era o da salvación da alma despois da morte, mentres que o tema fundamental na especulación dos primeiros filósofos gregos (presocráticos ou presofistas) referíase á natureza e ao cosmos; que, finalmente, existían factores sociais e culturais que, como a expansión colonial grega, crearon un ambiente caracterizado pola liberdade política e intelectual favorable ao desenvolvemento do pensamento filosófico; que a tese orientalista naceu só despois do desprazamento do centro de gravidade cultural de Grecia cara a Oriente, coa conquista de Alexandre o Grande e a posterior expansión do helenismo.

Coa escola milesia de Tales, Anaximandro e Anaxímenes de Mileto, o pensamento comezou por primeira vez a emanciparse da súa mestura co mito e as tradicións culturais poéticas para buscar explicacións racionais aos fenómenos naturais e ás cuestións cosmolóxicas, abandonando a cosmogonía. Así, puido xurdir un pensamento filosófico secular, dirixido a afondar racionalmente nas experiencias do coñecemento sensorial e substituír a interpretación mítica dos fenómenos naturais por unha análise coidadosa dos datos da experiencia. A filosofía grega naceu, polo tanto, con intereses "científicos", especialmente polas necesidades relacionadas coa navegación e o comercio. De feito, Mileto, construída na costa da actual Turquía, era o punto de encontro natural para o frecuente comercio con Grecia, o Imperio Persa e Exipto. A interpretación mítica dos fenómenos naturais xa non é satisfactoria nin inútil: búscase unha causa que faga a natureza máis comprensible. Esta interpretación "científica" da natureza, que dá un novo significado aos relatos mitolóxicos, non se ve obstaculizada pola crenza relixiosa, xa que a relixión grega era naturalista, vinculada á inmanencia e antropomorfización do divino.

En canto á relación entre a filosofía e o mito, pódense resumir tres teses apoiadas polos historiadores da filosofía: A filosofía coa Escola de Milesios marca unha ruptura co mito. O logos emancípase do pensamento mítico coa afirmación das orixes do pensamento racional e científico. Falouse del como un "descubrimento do espírito" que deu lugar á filosofía como un "milagre grego".

Pola contra, arguméntase que é arriscado recoñecer na filosofía xónica o nacemento dunha ciencia desprovista, como a filosofía antiga, de verificación experimental. A filosofía aínda está profundamente ligada ao mito: non fai máis que someter á crítica racional, á discusión do logos, o que a visión mítica, que aínda se considera verdadeira, apoia. As cosmoloxías dos filósofos xónicos retoman e tentan responder á mesma pregunta que as cosmogonías: "Como se orixinou o universo ordenado, o cosmos, a partir do caos?" O mundo ordenado dos filósofos naturalistas, baseado na acción de forzas opostas que se separan da unidade orixinal, en conflito continuo entre si segundo un curso cíclico, corresponde ao universo de Homero e Hesíodo, onde a orde se mantén grazas ás forzas opostas dos diferentes deuses do mito que, coa chegada da filosofía, perderon o seu aspecto personalizado, pero que aínda son vistos polo filósofo como poderes reais que interveñen na vida dos homes. Unha teoría próxima a esta concepción atópase na obra máis coñecida do filósofo francés Jean-Pierre Vernant: Les Origines de la pensée grecque (As orixes do pensamento grego), publicada en 1962, onde se presenta unha nova interpretación da historia grega utilizando os estudos antropolóxicos de Georges Dumézil, Claude Lévi-Strauss e Ignace Meyerson. O autor tenta identificar as causas da transición do pensamento mitolóxico grego ao pensamento filosófico racional. Segundo Vernant, a razón deste cambio debe buscarse no propio mito, así como na historia social, xurídica, política e económica dos gregos. O camiño cara á razón, argumenta Vernant, levará simultaneamente ao nacemento da democracia grega. Esta é a opinión máis estendida hoxe en día, segundo a cal é incorrecto manter que os filósofos de Mileto repetiron, con palabras diferentes, o que o mito xa mantiña. Nos filósofos presocráticos, hai certamente elementos orixinais e novos con respecto á concepción mítica que deben ser identificados.Fabio Cioffi, Dialogos, Vol. I, Bruno Mondadori, 1999, p. 20

A principal característica que Aristóteles ve nunha persoa filósofa é que non é especialista. O sophós (o sabio), é un coñecedor de todas as cousas sen posuír unha ciencia específica. O seu ollar derrámase polo mundo, a súa curiosidade insaciable faino investigar tanto os misterios do kosmos como os da physis (a natureza), como as que din respecto ao home e á sociedade. No fondo, o filósofo é un revelador, alguén que afasta o veo daquilo que está a cubrirnos os ollos e procura mostrar os obxectos na súa forma e posición orixinal, actuando como alguén que atopa unha estatua no fondo do mar cuberta de brións e algas, e progresivamente, afastándoas unha a unha, revélanos a súa forma real.