Sieben Jahre in Tibet. Mein Leben am Hofe des Dalai Lama é un libro autobiográfico escrito polo montañeiro austríaco Heinrich Harrer. Baséase na súa vida e experiencias no Tíbet entre 1944 e 1951, durante a segunda guerra mundial e a posterior invasión chinesa do Tíbet en 1950 polo Exército Popular de Liberación.

O libro conta a fuxida de Harrer e o seu compañeiro Peter Aufschnaiter dun campo de prisioneiros británico na India. Harrer e Aufschnaiter viaxaron a través do Tíbet ata Lhasa, a capital. Alí permanecen durante varios anos, polo que Harrer describe con detalle a cultura tibetana da época. Harrer tamén se converteu en titor e amigo do décimo cuarto Dalai Lama, Tenzin Gyatso.

O libro foi traducido a 53 linguas, e converteuse en best-séller nos Estados Unidos en 1954, onde vendeu 3 millóns de copias"Heinrich Harrer, 93, Explorer of Tibet, Dies", artigo de Douglas Martin en The New York Times, 10 de xaneiro de 2006 ..

Filmes Fixéronse dous filmes baseados no libro: o primeiro en 1956, Seven Years in Tibet, un documental de 76 minutos dirixido por Hans Nieter, e o segundo en 1997, Seven Years in Tibet, dirixido por Jean-Jacques Annaud e interpretado por Brad Pitt no papel de Harrer e David Thewlis no de Aufschnaiter.

Notas

Categoría:Novelas en alemán Categoría:Autobiografías Categoría:Obras literarias de 1952