Ramón Iglesia Parga, nado en Santiago de Compostela o 3 de xuño de 1905 e finado en Madison (Wisconsin) o 5 de maio de 1948, foi un bibliotecario, arquiveiro e historiador galego.
Traxectoria Estudou o bacharelato no Instituto da Coruña. Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade Central, onde se iniciou na investigación histórica. Viaxou polo norte de Europa e foi lector de español en Gotemburgo (Suecia) en 1928. Ingresou no Centro de Estudios Históricos de Madrid e en 1931 no Cuerpo Facultativo de Archiveros, Bibliotecarios y Arqueólogos, sendo destínano á Sección de Libros estranxeiros polo seu coñecemento de idiomas. En 1933 substituíu a Agustín Millares Carlo como director da Comisión de Biblioteca do Ateneo de Madrid, sendo ademais Arquiveiro-bibliotecario da Biblioteca Nacional. Pertenceu ás Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista en 1931, pero afiliouse ao Partido Comunista moito antes da Guerra Civil, na que foi comandante nas Brigadas Internacionais e axudante do xeneral Lukács.
Exilio
Trala derrota, marchou a Suecia e despois embarcou o 23 de maio de 1939 rumbo a México onde chegou o 13 de xuño ao porto de Veracruz. Foi profesor no Colexio de México (1940) e en 1942 trasladouse aos Estados Unidos. Alí foi profesor da Universidade de California e bolseiro da Fundación Guggenheim. Foi editor da Historia verdadera de la conquista de la Nueva España de Bernal Díaz del Castillo (1943). En 1944 volveu a México, pero a crise nese país fixo que retornase novamente aos Estados Unidos como profesor invitado da Universidade de Illinois (1946-1947) e despois como profesor asociado da Universidade de Wisconsin (1947-1948). Suicidouse en Madison o 5 de maio de 1948.
Obras "Trailer" de cuatro crónicas, 1936.
Cronistas e historiadores de la conquista de México. El ciclo de Hernán Cortés, 1942. El hombre Colón y otros ensayos, 1944.
Vida persoal
Casou en xuño de 1928 con Raquel Lesteiro López.El Diario de Pontevedra, 28-6-1928, p. 2.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
En defensa de la Historia (y IV). El historiador que no quería escribir para sus colegas. El exilio de Ramón Iglesia (1905-1948) Un historiador no exilio
Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Galegos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1948 Categoría:Suicidios en 1948 Categoría:Suicidas de Galicia Categoría:Arquiveiros de Galicia Categoría:Bibliotecarios Categoría:Profesores da Universidade de California, Berkeley Categoría:Profesores da Universidade de Wisconsin–Madison