Pantone LLC, é unha marca con sede en Carlstadt (Nova Jersey, EUA) propiedade da corporación X-Rite que a mercou en outubro de 2007 por 180 millóns de dólares. Pantone é unha marca rexistrada referente mundial en selección de cores. As súas guías de cor son empregadas en todo o mundo para designar e seleccionar cores normalizadas.
Historia As orixes están nunha pequena empresa fundada en 1866 e adicada á creación de libros de mostra para fabricantes de cosméticos. Pantone era nos anos 50 unha empresa de artes gráficas. En 1956, contrataron a un recente graduado da Universidade Hofstra, Lawrence Herbert como empregado a tempo parcial. Herbert empregou os seus coñecementos de química para sistematizar e simplificar as accións da compañía cos pigmentos e na produción de tintas de cor. En 1962, a división de tintas e de impresión gañaban cartos mentres que a división comercial estaba en perdas de 50.000 dólares. Lawrence Herbert posteriormente mercou toda a empresa.
En 1990 crearon HexachromePantone 2.0: After 45 Years, the Sequel to PMS .. Unha nova guía de cores baseada en seis cores primarias, o que permite xogar cun maior número de cores (especialmente algúns imposibles de acadar a toda cor como laranxa e morado). Este proceso require un sistema de impresión de seis unidades de entintado independentes e software específico para a separación en seis cores. As seis cores primarias de Hexachrome son: negro, ciano, maxenta, amarelo, laranxa e verde. Nalgúns casos, o verde pode ser substituído polo azul reflexo. Negro Ciano Maxenta Amarelo Laranxa Verde Cores Hexachrome
Guías Pantone 300px|miniatura|PANTONE formula guide solid coated. Os sistemas de impresión gráfica empregan a cuadricromía chamada CMYK Ciano, Maxenta, Amarelo (Yellow) e Negro (Knight), o que se chama cores complementarios pero as pantallas de televisión empregan o RGB Vermello (Red), Verde (Green) e Azul (Blue).
A suma das tintas CMY na mesma proporción da unha cor negra. A imperfección das tintas fai que esa cor negra non sexa exactamente negra, parécese mais a unha cor marrón escuro, é por isto que se engade a cor negra de xeito independente. A suma das cores RGB da unha cor branca. Ao pasar dun soporte a outro un deseño en pantalla a soporte impreso fai necesario que as cores sexan o máis parecidas posibles. As guías pantone estandarizan as cores e permiten unha selección precisa ou o máis aproximada posible.
Cores CMYK Ciano Maxenta Amarelo Negro <- CMYK
RGB-> Vermello Verde Azul Cores RGB
Nas guías Pantone cada cor descríbese cunha numeración e as iniciais en función da superficie ou material no que se vai a aplicar a cor:
M para acabado mate C e CP para papel estucado (Coated) EC para estucado segundo o estándar europeo (Euro Coated) U e UP para papel en relevo (Uncoated) TC e TCX para téxtiles (Textil Color eXtended) TP e TPX para papel (Textil Paper eXtended) Q para plásticos opacos (opaQue) T para plásticos transparentes (Transparent)
Cor do ano Dende o ano 2000 Pantone, como empresa que está nuns sectores tan suxeitos a modas e tendencias cada ano selecciona o que considera será a cor tendencia dese ano.
ano 2000 Pantone 15-4020
Cerulean ano 2001 Pantone 17-2031
Fuchsia Rose ano 2002 Pantone 19-1664
True Red ano 2003 Pantone 14-4811
Aqua Sky ano 2004 Pantone 17-1456
Tigerlily ano 2005 Pantone 15-4020
Blue Turquoise ano 2006 Pantone 13-1106
Sand Dollar ano 2007 Pantone 19-1557
Chili Pepper ano 2008 Pantone 18-3943
Blue Iris ano 2009 Pantone 14-0848
Mimosa ano 2010 Pantone 15-5519
Turquoise ano 2011 Pantone 18-2120
Honeysuckle ano 2012 Pantone 17-1463
Tangerine TangoPantone 2012 Color of The Year: Pantone 17-1463 Tangerine Tango . ano 2013 Pantone 17-5641
Emerald ano 2014 Pantone 18-3224
Radiant Orchid ano 2015 Pantone 18-1438
Marsala– Pantone Color of the Year 2015 ano 2016 Pantone 15-3913
Serenity ano 2017 Pantone 15-0343
Greenery ano 2018 Pantone 18-3838
Ultra Violet
As cores amosadas en pantalla son orientativas e poden non ser precisas, a cor exacta está nas guías Pantone.
Propiedade intelectual As cores non poden ser rexistradas nin ter un uso exclusivo, por isto as cores Pantone poden ser empregadas libremente, pero non así os códigos que as designan. Pantone ten rexistradas estas numeracións polo que non poden ser empregadas libremente. O uso dunha cor asociada a un produto ou marca si está recoñecida como uso exclusivo para evitar confusións comerciais"Zara gana a Louboutin una demanda por supuesto plagio de la suela roja" . La Voz de Galicia .. As empresas empregan manuais de uso e normalizan a súa imaxe no mercado.
Os programas de deseño gráfico teñen que empregar guías de cor, pero GIMP (GNU Image Manipulation Program), ao ser software libre, non emprega Pantone.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Pantone .
Categoría:Cores Categoría:Deseño gráfico