Unha vida violenta é unha novela en lingua italiana escrita por Pier Paolo Pasolini e publicada en 1959 polo selo editorial Garzanti co título orixinal de Una vita violenta.
Foi traducido ao galego por Gonzalo Vázquez e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2012.
Características miniatura|Pier Paolo Pasolini. Pasolini comezara a traballar na obra en 1955, coa intención de continuar o proxecto iniciado con Ragazzi di vita, é dicir, seguir a explicar as condicións de vida da mocidade na emerxente periferia urbana de Roma. Por consello do editor, o autor suprimiu algún feito escabrosos e conflitivos politicamente.
A obra quedou finalista do premio Strega de 1959, entregado a Il Gattopardo de Giuseppe Tomasi di Lampedusa.
A novela narra a historia dun mozo, Tommaso Puzzilli, que vive na periferia romana de Pietralata. El, e tamén os seus compañeiros, sabe o que é pasar fame e coñece así mesmo a delincuencia, o crime organizado e a prostitución. Trata tamén da degradación cara a un comportamento violento e bárbaro.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Máis información sobre a novela
Categoría:Novelas en italiano Categoría:Obras literarias de 1959 Categoría:Novelas ambientadas en Italia Categoría:Obras traducidas do italiano ao galego