Schistostega pennata, chamada comunmente carriza luminosa ou carriza luminescente USDA Forest Service, Gotchen Risk Reduction and Restoration Project, arquivado dende o o orixinal o 29 de abril de 2015, é unha carriza que se coñece por ter aparencia luminosa en lugares escuros. É o único membro da familia Schistosteagaceae.

Bioluminiscencia O protonema (uns filamentos que xorden da xerminación das esporas e que dará lugar ao gametófito maduro) é o característico desta carriza. Está formado por unhas celas esféricas cunhas vacuolas que actúan a xeito de lentes para recolleren a luz e levala aos cloroplastos próximos, que reflicten a luz verdosa.

Hábitat e preservación Vive en terreos moi húmidos en que non lles dá o sol directamente, e cun ambiente ácido. Iso fai que apareza en covas naturais e artificiais onde se atopar o ferro, aínda que tamén aparece en raíces de árbores ou no granito dos cantís.

Schistostega pennata está na listaxe vermella de especies ameazadas, porque os seus hábitats son moi fráxiles e alterábeis.

Este musgo atópase en Europa, así como na China, Siberia, Xapón"Schistostega pennata". Moss Flora of China..

Tamén foi descuberto nuns poucos lugares de Galicia, como a Cova das Choias, os arredores do Castro de ViladongaReinoso Franco, Juan (1998), El musgo luminoso Schistostega pennata en el castro de Viladonga (Lugo) , CROA, Boletín da Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga, nº 8, pp. 29-32, as fragas do Eume ou Oza Cesuras.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Catálogo galego de especies ameazadas Ligazóns externas Scientific illustration Imaxes por Matt Goff

Categoría:Flora de Galicia Categoría:Flora de Europa