O Gran Premio de Mónaco de 1994 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 15 de maio de 1994 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a cuarta carreira do Campionato do Mundo de pilotos de , e gañouna Michael Schumacher foi a primeira carreira logo da morte de Ayrton Senna e Roland Ratzenberger en San Marino.

Informe Antecedentes Logo da morte de Ayrton Senna e Roland Ratzenberger na carreira anterior, a FIA anunciou grandes cambios nás normas e regulamentos da Fórmula Un, nun intento por mellorar a seguridade. A maioría estaban programados para entrar en vigor despois do Gran Premio de Mónaco, pero o límite de velocidade no pit-lane entrou en vigor xa nesta carreira.

Tanto Williams como Simtek, os equipos para os que Senna e Ratzenberger pilotaban, correron con só un coche cada un durante a fin de semana.

Probas e cualificación

Durante a primeira sesión de adestramentos libre na mañá do xoves o piloto austríaco Karl Wendlinger tivo un grave accidente na chicane Nouvelle, logo de golpear a parede a case 280 km/h., Wendlinger quedou un par de semanas en coma o que e ameazou a súa carreira na F1. O equipo Mercedes Sauber, decidiu retirarse da carreira logo deste incidente.

Michael Schumacher, logrou a primeira pole position da súa carreira neste Gran Premio. Mika Häkkinen clasificou segundo, que era tamén a máis alta posición de partida, ata o momento, na súa carreira.

Carreira

Como sinal de respecto polos dous pilotos caídos, a FIA decidiu deixar as dúas primeiras posicións da grella baleiras para a carreira e pintar coas cores das bandeiras brasileira e de Austria, por Senna e Ratzenberger respectivamente. Por primeira vez desde o Gran Premio dos Estados Unidos de 1959, non houbo campión do mundo en vigor que competise na carreira e tampouco ex gañador do Gran Premio de Mónaco. Ademais a carreira só contou con catro anteriores gañadores da carreira, Schumacher, Hill, Berger e Alboreto.

No inicio da carreira Damon Hill estrelouse contra a parte posterior do McLaren de Mika Häkkinen xusto antes da curva de Santa Devota. Häkkinen retirouse de inmediato, pero Hill continuou durante unhas cantas curvas antes de retirarse coa suspensión dianteira rota. Gianni Morbidelli e Pierluigi Martini tamén chocaron antes de Santa Devota retirándose ambos pilotos.

Christian Fittipaldi no seu Footwork - Ford mantívose preto dos Ferrari de Berger e Alesi na cuarta posición ata a súa primeira parada para recargar combustible. Fittipaldi continuou con forza en posición de puntos ata a volta 47, cando a caixa de cambios fallou.

A carreira foi liderada de principio a fin por Michael Schumacher, que continuou o seu comezo perfecto da tempada de con catro vitorias nas catro primeiras carreiras. Como Schumacher tamén realizou a volta rápida, isto significou que anotou a primeira Grand Chelem da súa carreira, e foi o primeiro piloto que non era Alain Prost ou Ayrton Senna en gañar o Gran Premio de Mónaco desde 1983.

Michele Alboreto terminou sexto no seu Minardi conseguindo un punto. Este foi o último punto que Alboreto anotaría na súa carreira na Fórmula Un.

Clasificación Cualificación

Pos Nº Piloto Construtor Tempo Q1 Tempo Q2 Diferenza 1 5 Michael Schumacher Benetton-Ford 1:20.230 1:18.560 2 7 Mika Häkkinen McLaren-Peugeot 1:21.881 1:19.488 +0.928 3 28 Gerhard Berger Ferrari 1:22.038 1:19.958 +1.398 4 0 Damon Hill Williams-Renault 1:22.605 1:20.079 +1.519 5 27 Jean Alesi Ferrari 1:22.521 1:20.452 +1.892 6 9 Christian Fittipaldi Footwork-Ford 1:23.588 1:21.053 +2.493 7 10 Gianni Morbidelli Footwork-Ford 1:23.580 1:21.189 +2.629 8 8 Martin Brundle McLaren-Peugeot 1:21.580 1:21.222 +2.662 9 23 Pierluigi Martini Minardi-Ford 1:23.162 1:21.288 +2.728 10 4 Mark Blundell Tyrrell-Yamaha 1:23.522 1:21.614 +3.054 11 3 Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 1:24.488 1:21.731 +3.171 12 24 Michele Alboreto Minardi-Ford 1:25.421 1:21.793 +3.233 13 20 Érik Comas Larrousse-Ford 1:23.514 1:22.211 +3.651 14 15 Andrea de Cesaris Jordan-Hart 1:24.519 1:22.265 +3.701 15 14 Rubens Barrichello Jordan-Hart 1:24.731 1:22.359 +3.799 16 12 Johnny Herbert Lotus-Mugen-Honda 1:24.103 1:22.375 +3.815 17 6 Jyrki Järvilehto Benetton-Ford 1:23.885 1:22.679 +4.119 18 19 Olivier Beretta Larrousse-Ford 1:24.126 1:23.025 +4.465 19 11 Pedro Lamy Lotus-Mugen-Honda 1:25.859 1:23.858 +5.298 20 26 Olivier Panis Ligier-Renault 1:25.115 1:24.131 +5.571 21 25 Éric Bernard Ligier-Renault 1:27.694 1:24.377 +5.817 22 31 David Brabham Simtek-Ford 1:26.690 1:24.656 +6.096 23 34 Bertrand Gachot Pacific-Ilmor 1:48.173 1:26.082 +7.522 24 33 Paul Belmondo Pacific-Ilmor 1:29.984 8:36.897 +11.424 NTS 30 Heinz-Harald Frentzen Sauber-Mercedes NTS 29 Karl Wendlinger Sauber-Mercedes

Carreira Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 5 Michael Schumacher Benetton-Ford 78 1:49:55.372 1 10 2 8 Martin Brundle McLaren-Peugeot 78 +37.278 8 6 3 28 Gerhard Berger Ferrari 78 +1:16.824 3 4 4 15 Andrea de Cesaris Jordan-Hart 77 +1 volta 14 3 5 27 Jean Alesi Ferrari 77 +1 volta 5 2 6 24 Michele Alboreto Minardi-Ford 77 +1 volta 12 1 7 6 Jyrki Järvilehto Benetton-Ford 77 +1 volta 17 8 19 Olivier Beretta Larrousse-Ford 76 +2 voltas 18 9 26 Olivier Panis Ligier-Renault 76 +2 voltas 20 10 20 Érik Comas Larrousse-Ford 75 +3 voltas 13 11 11 Pedro Lamy Lotus-Mugen-Honda 73 +5 voltas 19 Ret 12 Johnny Herbert Lotus-Mugen-Honda 68 Caixa de cambios 16 Ret 33 Paul Belmondo Pacific-Ilmor 53 Problemas físicos 24 Ret 34 Bertrand Gachot Pacific-Ilmor 49 Caixa de cambios 23 Ret 9 Christian Fittipaldi Footwork-Ford 47 Caixa de cambios 6 Ret 31 David Brabham Simtek-Ford 45 Motor 22 Ret 4 Mark Blundell Tyrrell-Yamaha 40 Motor 10 Ret 3 Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 38 Caixa de cambios 11 Ret 25 Éric Bernard Ligier-Renault 34 Trompo 21 Ret 14 Rubens Barrichello Jordan-Hart 27 Eléctrico 15 Ret 7 Mika Häkkinen McLaren-Peugeot 0 Colisión 2 Ret 0 Damon Hill Williams-Renault 0 Colisión 4 Ret 10 Gianni Morbidelli Footwork-Ford 0 Colisión 7 Ret 23 Pierluigi Martini Minardi-Ford 0 Colisión 9 Ret 30 Heinz-Harald Frentzen Sauber-Mercedes Retirado NTS 29 Karl Wendlinger Sauber-Mercedes Lesión Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos PosPilotoPuntos 1 Michael Schumacher 40 2 Gerhard Berger 10 3 Damon Hill 7 4 Rubens Barrichello 7 5 Martin Brundle 6

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Benetton-Ford40 2 Ferrari22 3 McLaren-Peugeot10 4 Jordan-Hart10 5 Williams-Renault7

Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Gran Premio de Mónaco de Fórmula 1 Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1994