é un filme de animación baseado no anime Shin-chan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 21 de abril do 2001.

En galego, estreouse nos cinemas o 2 de febreiro do 2007 e saíu á venda en DVD o 20 de xuño do mesmo ano. Estreouse en liña o 11 de outubro de 2024 na plataforma do Xabarín Club.

Sinopse O espectacular Parque do Século XX é un sitio ideal para que os adultos recuperen os momentos máis felices das súas vidas. Os seus creadores, Ken e Chako, son dous nostálxicos emperrados en reconstruír as formas de vida de antano. Para iso, crearon unha substancia que hipnotiza aos adultos e os atrae cara a unha cidade que recrea o século pasado.

O Exército de Kasukabe, liderado por Shin-chan, empeza unha nova misión: descubrir o que está a pasar e traer de volta aos adultos. Na súa aventura, agardan por eles perigos, situacións delirantes e acción sen freo.

Dobraxe Estudio: SODINOR S.A. Data: 2006. Dirección: Alfonso Valiño. Tradución: María Alonso Seisdedos. Elenco da dobraxe: Personaxe Actor de dobraxe Actor orixinal Shin-chan Nohara Ana Lemos Akiko Yajima Misae Nohara Charo Pena Miki Narahashi Hiroshi Nohara Matías Brea Keiji Fujiwara Nene Montse Davila Tamao Hayashi Kazama Teresa Santamaría Mari Mashiba Boo-chan Alicia Taboada Chie Sato Himawari Helena Amoedo Satomi Koorogi Señorita Yoshinaga Nora Abad Yumi Takada Señorita Matsuzaka Beatriz García Michie Tomizawa Director "Mafioso" Alfonso Valiño Rokuro Naya Señorita Ageo Carolina Vázquez Kotono Mitsuishi Tsuru Nohara Ana Maciñeiras Chie Kitagawa Ginosuke Nohara Miguel López Varela Ginzo Matsuo Hiroshi Nohara (cativo) Nora Abad Yuko Mita Ken Gonzalo Faílde Masane Tsukuyama Chako Carolina Vázquez Ai Kobayashi

Voces adicionais: ▪ Antonio Rey. ▪ Coté Sansegundo. ▪ Isabel Vallejo. ▪ Lucía Cid. ▪ Manolo Pombal. ▪ Patricia de Lorenzo. ▪ Xermana Carballido.

Música A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é 元気でいてね (Teño saúde e estou ben) interpretada por Sachiko Kobayashi.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Shin-chan Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Filmes de 2001 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Keiichi Hara Categoría:Filmes de Shin-chan Categoría:Xabarín Club Categoría:Filmes de 2001 con versión en galego