O Sar, ou supergrupo SAR, é unha proposta de grupo monofilético de protistas que acolle aos stramenopiles (tamén chamados heterokontos), aos apicomplexos (mizozoos e alveolados) e aos rizarios . O acrónimo "SAR" está formado pola inicial de cada un destes tres grupos (stramenopiles + Alveolata + Rhizaria). O termo "Harosa" (co nivel de subreino) tamén foi utilizado para referirse ao supergrupo SAR.. SAR inclúe a máis especies protistas ca todos os demais grupos de eucariotas. Os SAR son diversos na súa citoloxía, organización morfolóxica e ciclos vitais .
As características morfolóxicas e os primeiros estudos filoxenéticos fixeron que se considerara que os protistas constaban de seis grupos monofiléticos, ou supergrupos: Opisthokonta, Amoebozoa, Excavata, Archaeplastida, Chromalveolata e Rhizaria. Porén, non se coñecía con claridade a relación entre eses grupos. Os estudos filoxenéticos recentes revelaron que os cromalveolados son un grupo non-monofilético. Con iso, definiuse o grupo SAR, que inclúe a maioría dos Chromalveolata pero deixa fóra aos haptófitos e criptófitos. O clado Hacrobia ou CCTH propúxose para acomodar os SAR xunto cos haptófitos e criptófitos. Aínda se está a debater se Hacrobia é un grupo monofilético.
A historia evolutiva do grupo está en estudo mais suxírese que os rizarios están máis cerca dos stramenopiles ca dos alveolados. Segundo a posición con respecto disto, pódese atopar a denominación do grupo como RSA ou SRA facendo referencia a diferentes distancias entre eles.
Filoxenia As últimas compilacións propoñen a seguinte clasificación de Sar:
Notas
Véxase tamén Outros artigos Hacrobia Halvaria Chromalveolata Megagrupo plantas+HC+SAR
Categoría:Eucariotas Categoría:Protistas