Mario Mandžukić, nado o 21 de maio de 1986 en Slavonski Brod, é un futbolista croata. Xoga de dianteiro e o seu club actual é o Juventus FC. Ademais, é internacional na selección de Croacia.

Traxectoria Club Mandžukić deu os seus primeiros pasos coma xogador no TSF Ditzingen alemán. Entre 1997 e 2003 xogou no NK Marsonia, antes de pasar unha tempada no NK Željezničar. Á seguinte tempada volveu ao Marsonia, para fichar posteriormente polo NK Zagreb. No verán de 2007, foi fichado polo NK Dinamo Zagreb por 1.3 millóns de dólares.

O 14 de xullo de 2010, Mandžukić fichou polo VfL Wolfsburg a cambio de 8 millóns de dólares.

O 10 de xullo de 2014, Mandžukić asinou un contrato de catro anos co Atlético de Madrid, equipo que pagou 22 millóns de euros ó Bayern München pola súa fichaxe.

O 22 de xuño de 2015, confirmouse a súa fichaxe polo Juventus FC da Serie A por 19 millóns de euros.

Selección Mandžukić debutou coa selección de Croacia o 17 de novembro de 2007 contra Macedonia. O 10 de setembro de 2008, anotou o seu primeiro gol con Croacia na derrota por 4-1 contra a selección de Inglaterra.

Foi incluído tamén no equipo da selección croata para a disputa da Eurocopa de Polonia/Ucraína de 2012. No debut da súa selección, anotou dous goles contra a selección de Irlanda.

Palmarés Club Dinamo Zagreb Prva HNL: 3 2007–08, 2008–09, 2009-10

Copa de Croacia: 2 2007–08, 2008–09

Bayern München Fußball-Bundesliga: 2 2012–13, 2013–14

DFB-Pokal: 2 2012–13, 2013–14

Supercopa de Alemaña: 1 2012

Liga de Campións da UEFA: 1 2012–13

Supercopa de Europa: 1 2013

Copa Mundial de Clubs da FIFA: 1 2013

Atlético de Madrid Supercopa de España: 1 2014

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de Mandžukić en FIFA.com

Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados no condado de Brod-Posavina Categoría:Futbolistas de Croacia Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do NK Marsonia Categoría:Xogadores do NK Zagreb Categoría:Xogadores do NK Dinamo Zagreb Categoría:Xogadores do VfL Wolfsburg Categoría:Xogadores do FC Bayern München Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do Juventus FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Croacia sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Croacia Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA