O Luleå HF é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Luleå (Suecia). Actualmente compite na SHL (a máxima categoría do hóckey sobre xeo sueco), competición que gañou en 1996. Trátase do equipo situado máis ao norte do país de toda a Elitserien e xoga nesta categoría de xeito ininterrompido dende a tempada 1984-85. Debido ao seu rendemento estable cada ano na liga regular, o equipo nunca tivo que xogar o Kvalserien para manter a categoría. Xoga os seus partidos como local no Coop Arena, un pavillón con capacidade para 6.300 espectadores.

Palmarés 2 SHL: 1996, 2025 1 Champions Hockey League: 2015 1 European Trophy: 2012

Xogadores Números retirados 12. Johan Strömwall 22. Hans Norberg

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial do Luleå HF

Categoría:Equipos de hóckey sobre xeo de Suecia