Tamara Valderrama Santomé, nada en Vigo en 1979, é unha patinadora sobre rodas e adestradora galega.

Traxectoria Comezou a patinar con oito anos. Competiu en cinco mundiais, noutros tantos campionatos europeos, seis Copas de Europa, dúas Copas de Italia, dúas Taças Latinas en Portugal e foi campioa de España absoluta no ano 2000 e podio en tódalas súas participacións. No ano 2006 retirouse do patinaxe individual pero continuou en activo co Grupo Show do Club Valladares, do que tamén é coreógrafa e adestradora da súa escola de promesas, co que gañou o Torneo de Italia da especialidade, e da Asociación Deportiva de Patinaxe Artística de Salvaterra de Miño

É licenciada en Bioloxía pola Universidade de Vigo e mais en INEF, e compaxina as súas actividades dando clases de bioloxía.

Notas

Categoría:Patinadores de Galicia

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en 1979 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo