Cora é o nome dun foguete experimental europeo probado baixo a dirección da ELDO (European Launcher Development Organization), predecesora da ESA.

Características Cora foi un foguete experimental baseado no foguete francés Coralie e concibido para probar mediante voos suborbitais a segunda e terceira etapa do que debería ser o novo foguete europeo, o Europa.

A intención inicial era usar dúas versión do Cora:

O Cora 1, dunha soa etapa. O Cora 2, cunha segunda etapa Astris, alemá.

Finalmente só se probou a versión Cora 1 (probándose de paso a cofia, de manufactura italiana), do cal se fixeron tres intentos de lanzamento. Dos tres intentos só se tivo éxito nun, abandonándose as probas nese punto. Máis tarde esta decisión revelouse desacertada, xa que as probas cos foguetes Europa completos fracasaron debido a problemas coas etapas superiores, cancelándose todo o proxecto e dando paso ós foguetes Ariane.

Historial de lanzamentos Voo Data Sitio de lanzamento Resultado Notas 1 27 de novembro de 1966 Hammaguira Fallo Primeiro voo. 2 18 de decembro de 1966 Hammaguira Éxito parcial 3 25 de outubro de 1967 Biscarosse Fallo Último voo

Notas

Categoría:Foguetes espaciais