Xosé Manuel Rodríguez Durán, nado en Cuntis o 19 de maio de 1957, é un xornalista e escritor galego. Traxectoria Licenciado en Ciencias Químicas e Xornalismo, a maior parte da súa actividade profesional está vinculada aos mundos da radio e da televisión, nos que se dedicou á información deportiva e á información xeral: Radio Pontevedra, Radio Noroeste, Faro de Vigo-Pontevedra. En 1985 comezou o seu traballo na Televisión de Galicia, onde foi director de telexornais e de programas como O semanal e Reporteiros, ademais de encargarse de diversos informativos especiais: CienciaNosa, Vivir Aquí ou Vivir o Mar. Foi tamén xefe de deportes e redactor-xefe dos Servizos Informativos da TVG. Colaborou en varias revistas literarias. Foi autor do primeiro audiolibro galego situado nunha tenda virtual (iTunes), para descargas por ordenador.

Obra Narrativa O asasino invisible (1998). Galaxia, Costa Oeste. 160 páxs. ISBN 978-84-8288-223-9. 10 relatos de ciencia ficción. A raíña galega (2020). Xerais, Fóra de Xogo. 144 páxs. ISBN 978-84-9121-729-9. Novela.

Teatro

A lección máis solidaria (2004). Ed. Fervenza, A Pinguela, nº 17. 16 páxs. ISBN 9788496368026.

Ensaio Roberto Blanco Torres, xornalista e poeta (1999). Galaxia. 112 páxs. ISBN 9788482882536. A televisión, as novas tecnoloxías e a conduta dos nenos (2004). Edicións Laiovento. 52 páxs. ISBN 9788484870487.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en galegos.info

Categoría:Xornalistas de Cuntis Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Cuntis Categoría:Nados en 1957 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes