Euphorbia é un xénero de plantas da familia euforbiáceas que abrangue 2008 especies,, un dos xéneros máis grandes e morfoloxicamente o máis diverso <ref>David Horvarth et al. "Euphorbia" in Chittaranjan Kole (ed.) Wild Crop Relatives: Genomic and Breeding Resources: Plantation and Ornamental Crops. Springer (2011), p. 125</ref>. Euphorbia antiquorum é o especie tipo para o xénero Euphorbia. Carl Linnaeus describiuna en 1753 en Species Plantarum. O xénero encóntrase principalmente nas rexións tropicais e subtropicais de África e América, mais tamén en zonas temperadas de todo o mundo. As especies suculentas habitan na súa maioría en África, América e Madagascar. Existe tamén un amplo rango de especies insulares: no arquipélago de Hawai onde reciben colectivamente o nome de "akoko",Module 14: Hawaiian in A Mini-Course in Medical Botany e nas Illas Canarias onde se coñecen como "tabaibas".tabaibashttp://buscon.rae.es/draeI/SrvltConsulta?TIPO_BUS=3&LEMA=tabaiba

O nome botánico Euphorbia deriva de Euphorbo, o médico grego do rei Xuba II de Numidia (52–50 a.C. – 23 d.C.), que casou cunha filla de Antonio e Cleopatra. El escribiu que unha Euphorbia, de forma de cacto, era un forte laxante. No 12 a.C., Xuba deulle o seu nome á planta en resposta a que Augusto dedicara unha estatua a Antonio Musa, o seu médico persoal e irmán de Euhorbo. Carl Linnaeus asignou o nome Euphorbia ao xénero enteiro na honra do médico.

Descrición As plantas son herbas anuais ou perennes, arbustos frondosos ou árbores; o seu principal punto en común é a produción de látex, líquido branco leitoso, cáustico e tóxico pola euforbina que contén. As raíces son delgadas ou grosas e carnosas ou ben tuberosas. Moitas especies son suculentas, algunhas espiñentas. O talo principal, e en moitas tamén as pólas, das especies suculentas son grosos e carnosos, con 15–91 cm de altura. As follas caducifolias son opostas, alternadas ou en verticilio. Nas especies suculentas as follas adoitan ser pequenas e de vida curta. As estípulas son na súa maioría pequenas, transformadas en parte en espiñas ou glándulas.

As flores, como en todas as euforbiáceas, son unisexuais, pero é característico da Euphorbia presentar unha inflorescencia que aparenta unha flor única, denominada ciatio, que é un pequeno invólucro con forma de copa consistente en brácteas fusionadas e glándulas no bordo envolvendo un conxunto de flores estaminadas que circundan unha única flor pistilada. Todo o conxunto aseméllase a unha soa flor. A maioría das especies son monoicas, presentando na mesma planta flores masculinas e feminias, non obstante algunhas son dioicas, con flores masculinas e femininas en diferentes plantas. Non é raro que o ciatio central dunha cimeira sexa masculina e as laterais teñan ambos os dous sexos. Ás veces nas plantas novas ou aquelas que medran en condicións desfavorables teñan só flores masculinas, e só producen flores femininas no ciatio ao madurecer ou mellorar as condicións.

As brácteas con frecuencia aseméllanse follas, por veces de cores brillantes e atractivas e aínda outras veces moi pequenas. O froito é capsular, con tres carpelos, raramente dous, que se divide en monocarpos na madureza, crebando explosivamente, diseminando as sementes, que son angulares, ovais ou esféricas e nalgunhas especies están recubertas cun arilo cun eleosoma no cabo.

Toxicidade O líquido leitoso, chamado látex, desenvolveuse como un disuasivo para os herbívoros. É de cor branca e incoloro cando seca, agás en E. abdelkuri, onde é amarelo. O líquido sae a presión por calquera ferida e calla despois duns poucos minutos de contacto co aire. A composición específica de ésteres diterpenos ou triterpenos varía, determinando que cáustica e irritante é cada especie. En contacto coas membranas mucosas (ollo, nariz, boca), o látex pode producir unha inflamación moi dolorosa e mesmo pode chegar a producir cegueira.

Usos miniatura|dereita|Ciatio de E. pulcherrima Varias plantas do xénero medran como plantas de xardín, entre elas a E. pulcherrima (a coñecida flor do Nadal) e a suculenta E. trigona. E. pekinensis úsase na medicina tradicional chinesa, onde se clasfica como unha das 50 herbas principais. Varias especies tamén as utilizan as larvas dalgúns Lepidópteros, como é o caso de Hyles euphorbiae e Hyles tithymali, e mais tamén Hypercompe scribonia.

Taxonomía Segundo estudos recentes de secuencia de ADN moitos dos "xéneros satélites" máis pequenos arredor do enorme xénero Euphorbia aniñan neste último. Como consecuencia estes taxons, así como o xénero xeralmente non aceptado Chamaesyce e mais tamén o pequeno xénero Cubanthus, Elaeophorbia, Endadenium, Monadenium, Synadeniume Pedilanthus transferíronse a Euphorbia. A subtribo enteira Euphorbiinae agora só consiste no xénero Euphorbia.

Subxéneros O xénero Euphorbia é un dos máis grandes e complexos das anxiospermas e moitos botánicos fixeron intentos infrutuosos para dividilo noutros máis pequenos. Segundo recentes estudos filoxenéticos, Euphorbia poderíase dividir en 4 subxéneros, cada un contendo varias, aínda non suficientemente estudados, seccións e grupos. Destes, Esula é o máis basal. Chamaesyce e Euphorbia son probablemente grupos irmáns pero moi estreitamente relacionados co Rhizanthium. Con toda probabilidade desenvolvéronse amplas adaptacións xeromórficas en varias ocasións; non se coñece se o antecesor das liñaxes Rhizanthium e Euphorbia foi xeromórfico ou se ese vasto xeromorfismo é totalmente polifilético mesmo a nivel do subxénero. Esula Rhizanthium Chamaesyce Euphorbia Especies

Euphorbia albomarginata Euphorbia amygdaloides Euphorbia antisyphilitica Euphorbia balsamifera Euphorbia bulbispina Euphorbia calyptrata Euphorbia canariensis Euphorbia caput-medusae Euphorbia characias Euphorbia cyparissias Euphorbia decidua Euphorbia dendroides Euphorbia echinus Euphorbia elastica Euphorbia epithymoides Euphorbia esula Euphorbia falcata Euphorbia franckiana Euphorbia friedrichiae Euphorbia grantii Euphorbia granulata Euphorbia guyoniana Euphorbia helioscopia Euphorbia heterophylla Euphorbia hirta Euphorbia hypericifolia Euphorbia ingens Euphorbia labatii Euphorbia lactea Euphorbia lathyris Euphorbia leuconeura Euphorbia maculata Euphorbia marginata Euphorbia mamillaris Euphorbia maritae Euphorbia milii Euphorbia myrsinites Euphorbia obesa Euphorbia obtusifolia Euphorbia paralias Euphorbia pekinensis Euphorbia peplis Euphorbia peplus Euphorbia polychroma Euphorbia pulcherrima Euphorbia purpurea Euphorbia resinifera Euphorbia rigida Euphorbia serrata Euphorbia terracina Euphorbia tirucalli Euphorbia tithymaloides Euphorbia virosa Notas

Véxase tamén

Bibliografía Buddensiek, Volker (2005): Succulent Euphorbia plus (CD-ROM). Volker Buddensiek Verlag. Carter, Susan (1982): New Succulent Spiny Euphorbias from East Africa Carter, Susan & Eggli, Urs (1997): The CITES Checklist of Succulent Euphorbia Taxa (Euphorbiaceae) Carter, Susan & Smith, A. L. (1988): Flora of Tropical East Africa, Euphorbiaceae Noltee, Frans (2001): Succulents in the wild and in cultivation, Part 2 Euphorbia to Juttadinteria (CD-ROM) Eggli, Urs (ed.) (2002): Sukkulentenlexikon (Vol. 2: Zweikeimblättrige Pflanzen (Dicotyledonen)). Eugen Ulmer Verlag.

Pritchard, Albert (2003): Introduction to the Euphorbiaceae ISBN 978-88-900511-4-2. Schwartz, Herman (ed.) (1983): The Euphorbia Journal Strawberry Press, Mill Valley, California, USA Singh, Meena (1994): Succulent Euphorbiaceae of India. Mrs. Meena Singh, A-162 Sector 40, NOIDA, New Delhi, India. Turner, Roger (1995): Euphorbias—A Gardeners' Guide''. Batsford, England. Aditya Soumen [2010,Apr.]A revision of geophytic euphorbia species from India. Euphorbia World journal. Vol.6-No.1,ISSN 1746-5397 Pritchard albert "Monadenium" cactus & co . ISBN 978-88-95018-02-7

Ligazóns externas International Euphorbia Society Euphorbia Planetary Biodiversity Inventory project