O HC TPS Turku Oy, ou simplemente Turun Palloseura (abreviado TPS), é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Turku (Finlandia). Actualmente compite na SM-liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, competición que gañou en once ocasións (dez dende que adoptou a denominación actual). Xoga os seus partidos como local no HK-areena, pavillón con capacidade para 11.820 espectadores.
Historia O TPS fundouse en 1922 como Turun Palloseura, de onde deriva o acrónimo. A sección de hóckey sobre xeo do club comezou as súas actividades en 1929. Actualmente o nome da compañía propietaria do equipo é HC TPS Turku Oy.
O TPS gañou o campionato finlandés de hóckey sobre xeo en 11 ocasións (1956, 1976, 1989, 1990, 1991, 1993, 1995, 1999, 2000, 2001 e 2010), sendo as dez últimas baixo a denominación actual da liga (SM-liiga), sendo o terceiro equipo con máis títulos por detrás do Ilves (16) e o Tappara (15). Seis dos once títulos do club foron conseguidos co adestrador Hannu Jortikka entre as tempadas 1989-91 e 1999-01. O TPS ten tamén conta nas súas vitrinas con dúas Copas de Finlandia.
Xogadores Números retirados Números retirados de TPS NºXogadorPosiciónCarreiraData da retiradaReferencias 3 Timo Nummelin 8 Juhani Wahlsten 15 Reijo Leppänen 16 Rauli Tammelin 23 Hannu Virta
Adestradores Dende que se creou a SM-liiga teñen pasado os seguintes adestradores polo banco do TPS:
Raimo Määttänen 1975–1980 Juhani Wahlsten 1980–1983 Matti Keinonen 1983–1985 Juhani Tamminen 1985–1988 Hannu Jortikka 1988–1992 Vladimir Jursinov 1992–1998 Hannu Jortikka 1998–2001 Kari Jalonen 2001–2003 Jukka Koivu 2003–2005 Hannu Jortikka 2005–2007 Hannu Virta 2007–2008 Kai Suikkanen 2008–2010 Heikki Leime 2010 Riku-Petteri Lehtonen 2010–2011 Jukka Koivu 2011 Pekka Virta 2011–2012 Juha Pajuoja 2012–2013 Kai Suikkanen 2013–
Equipo feminino
miniatura|Xogadoras do TPS durante un partido en Tampere durante a tempada 2021-22 da Naisten Liiga. O equipo feminino da Turun Palloseura fundouse en 1989 e comezou a súa andaina esa mesma tempada na I-divisioona.
Debutou na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés na tempada 1990-91, finalizando na quinta posición dun total de sete equipos, e non se clasificou para a postempadaa. Con todo, na tempada 1992-93, logo de tres tempadas consecutivas na elite, o equipo descendeu de novo á I-divisioona e estivo durante toda esa década e a dos anos 2000 movéndose entre diferentes categorías ata que na tempada 2017-18 o equipo proclamouse campión da Naisten Mestis e regresou á máxima categoría, recentemente renomeada "Naisten Liiga".
En 2022 o TPS fixo historia logo de clasificarse por primeira vez para os play-offs, mais caeu nas semifinais fronte o K-Espoo e finalizou a tempada na cuarta posición.
Palmarés Trofeos colectivos 230px|miniatura|A Kanada-malja, trofeo entregado ao equipo campión dos play-offs e polo tanto campión de Finlandia. SM-liiga A Kanada-malja (Copa Canadá) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da SM-liiga. É o trofeo principal da SM-liiga. O trofeo foi doado pola comunidade finlandesa do Canadá en 1950. TPS gañou proclamouse un total de 11 veces campión de Finlandia: 1956, 1976, 1989, 1990, 1991, 1993, 1995, 1999, 2000, 2001 e 2010. 13 medallas de prata como segundo clasificado dos play-offs: 1943, 1955, 1957, 1967, 1977, 1982, 1985, 1994, 1996, 1997, 2004, 2021 e 2022. 4 medallas de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 1953, 1978, 1979, 1981.
O Harry Lindbladin muistopalkinto é entregado cada ano ao equipo campión da fase regular dende a fundación da SM-liiga na tempada 1975-76. TPS gañou este galardón en 13 ocasións: 1976, 1980, 1982, 1985, 1989, 1990, 1991, 1993, 1994, 1998, 1999, 2000 e 2004.
Suomen Cup Campión: 1955 e 1956
IIHF European Champions Cup Campión: 1994
European Hockey League Campión 1997
IIHF Super Cup Campión: 1997
Outros O Aaro Kivilinnan muistopalkinto é entregado cada ano ao mellor equipo de hóckey sobre xeo de Finlandia. O trofeo é determinado pola clasificación final do equipo na Liiga ou Mestis, o seu equipo na liga feminina e os seus equipos en categorías inferiores. TPS gañou o trofeo un total de seis veces dende a súa creación na tempada 1972–73: 1977, 1991, 1995, 1997 (compartido con Jokerit), 2002 e 2004.
Notas
Referencias
Véxase tamén
Outros artigos TPS Naiset
Ligazóns externas Sitio web oficial do TPS TPSen www.liiga.fi
Categoría:Turun Palloseura (hóckey sobre xeo)