Litoral foi un periódico editado en Pontevedra entre 1953 e 1958.

Historia e características Subtítulado Periódico de Pontevedra y su provincia, apareceu o 26 de xaneiro de 1953.El Pueblo Gallego, 22-1-1953, p. 6. De periodicidade bisemanal (luns e xoves), a partir de abril de 1956 publícase tres veces por semana (luns, mércores e venres). Dirixido por Amancio Landín Carrasco, e polo seu irmán Rafael Landín Carrasco dende xuño de 1955, no consello de administración estaban José Pazó Montes, Xosé Filgueira Valverde e Francisco Javier Sánchez Cantón. Nela apareceron algunhas colaboracións de Celso Emilio Ferreiro e os primeiros textos de Méndez Ferrín, baixo o pseudónimo de Laín Feixoo. Cesou a súa edición o 19 de outubro de 1956.

Segunda etapa Tivo unha segunda etapa, entre o 17 de agosto de 1957 e o 18 de xaneiro de 1958, editada por Domingo González Lucas e dirixida por Luciano del Río Besada.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra Ligazóns externas Torres, Xermán (29/8/2016). "Litoral - Pontevedra, 1953-1954" Filgueira Valverde, un sabio na corte do Teucro.

Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:1953 en Galicia