Daniel Lawrence Whitney, nado o 17 de febreiro de 1963 en Pawnee City, Nebraska, é un actor, músico e cómico estadounidense máis coñecido polo seu nome artístico Larry the Cable Guy, cuxa carreira abrangue máis de 30 anos. Foi un dos membros do Blue Collar Comedy Tour, un grupo cómico composto por Bill Engvall, Ron White e Jeff Foxworthy, e cos cales protagonizou Blue Collar TV.

Larry the Cable Guy lanzou sete álbums de estudio e protagonizou Larry the Cable Guy: Health Inspector, Delta Farce e Witless Protection. Ademais deu a súa voz ó personaxe de Mater na franquía cinematográfica de Cars. A icónica frase de Whitney "Git-R-Done!" é tamén o título do seu libro.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Actores de Nebraska Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nebraska Categoría:Nados en 1963