Hair (1979) é unha película musical dirixida por Miloš Forman e protagonizada por John Savage, Beverly d'Angelo e Treat Williams.
Baseada no musical homónimo de 1967, a película foi nomeada ao César á mellor película estranxeira.
Sinopse En 1967, Claude (John Savage) viaxa a Nova York para alistarse no exército estadounidense con destino á Guerra de Vietnam. Pero á súa chegada á cidade coñece a un grupo de hippies e tantea a súa forma de entender a vida. Durante eses días faise amigo de Berger (Treat Williams), enamórase de Sheila (Beverly d'Angelo) e debe tomar unha importante decisión: continuar coa súa viaxe a Vietnam ou loitar pola paz no mundo.
Repartición John Savage : Claude Bukowski Treat Williams : Berger Beverly d'Angelo : Sheila Annie Golden : Jeannie Donnie Dacus : Woof Dorsey Wright : Hud Cheryl Barnes : Novia de Hud Adrienne King : Bailarina
Véxase tamén Outros artigos
Hair - Artigo sobre a obra de teatro musical.
Ligazóns externas Hair en IMDd Hair en Allmovie (inclúe tráiler)
Categoría:Filmes de 1979 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Miloš Forman Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes sobre a Guerra do Vietnam Categoría:Filmes ambientados en Nova York