Tomás María Mosquera García, nado en Castrelo (San Cristovo de Cea) o 10 de novembro de 1823 e finado en Madrid o 30 de abril de 1890, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Afiliado ao Partido Liberal, despois da Revolución de 1868 foi deputado por Ourense nas Cortes (1869 e 1871). Ministro de Ultramar entre decembro de 1872 e febreiro de 1873 ocupou, en 1874, a carteira de Fomento. Logo da restauración borbónica en España, foi senador pola provincia de Ourense (1881) e foi nomeado Senador vitalicio en 1883 e Vicepresidente do Senado.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Ficha no Senado
Categoría:Ministros de Fomento de España Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Nados en San Cristovo de Cea Categoría:Nados en 1823 Categoría:Finados en 1890