Maia é un concello portugués pertencente ao Distrito do Porto, dentro da Grande Área Metropolitana do Porto, na subrexión Grande Porto (Rexión Norte). O concello ten unha poboación total de 135.306 habitantes (2011), dos cales 40.134 residen na capital.Instituto Nacional de Estatística
O municipio limita ao norte cos municipios de Trofa e Santo Tirso, ao leste con Valongo, ao sueste con Gondomar, ao sur coa cidade do Porto, ao suroeste con Matosinhos e ao noroeste con Vila do Conde.
Demografía Evolución da poboación de Maia (1801 – 2011) 1801 1849 1900 1930 1960 1981 1991 2001 2011 16 539 20 367 29 536 53 643 81 679 93 151 120 111 135 306
Freguesías O concello de Maia está dividido nas seguintes 17 freguesías:
Águas Santas Barca Folgosa Gemunde Gondim Gueifães (integra parte de cidade da Maia) Maia (parte da cidade da Maia) Milheirós Moreira Nogueira Pedrouços Santa Maria de Avioso São Pedro de Avioso São Pedro Fins Silva Escura Vermoim (parte da cidade da Maia) Vila Nova da Telha
O Aeroporto Internacional Francisco Sá Carneiro está situado en Pedras Rubras, na freguesía de Moreira.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web da Cámara Municipal de Maia
Categoría:Cidades de Portugal Categoría:Concellos do distrito do Porto