Venecias (en , é unha obra literaria do académico francés Paul Morand que foi publicada por vez primeira en 1971 pola Editorial Gallimard. A extensión é algo superior a 200 páxinas.Ficha do libro Venises de Paul-Morand

Foi traducido ó galego por Alejandro Tobar e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2012.

Características O libros, escrito na última etapa creativa do autor, ten como referente a cidade de Venecia vista a ollos de Morand. Trátase dun libro clásico, con multitude de referencias e digresións. É un relato novelado en primeira persoa que recolle o espírito dunha cidade acompañada dos seus pazos e mansións, dunha vida de alta sociedade, e diversas narracións doutras viaxes (a Londres, a París, a Moscova etc.) das que o autor dá conta con detalle. É, segundo a crítica, o testamento literario deste polémico autor en lingua francesa asociado decote co réxime de Vichy, co que tivo trato.Paul Morand: the politics and practice of writing in post-war France de Kimberly Philpot van Noort.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Reportaxe radiofónico a propósito da Venises de Morand

Categoría:Obras literarias de 1971 Categoría:Novelas en francés Categoría:Obras traducidas do francés ao galego