San Sava II, en serbio cirílico Свети Сава II, en serbio latino Sveti Sava, nado en 1201 como Предислав Немањић, Predislav Nemanjić e finado en 1271, foi un príncipe serbio, o terceiro arcebispo do seu país e patriarca da Igrexa Serbia desde 1263 até a súa moirte en 1271.
Era fillo do rei Stefan II Nemanjić e de Eudoxia Anxelina, filla do emperador bizantino Aleixo III Anxo. Os seus irmáns foron Stefan Radoslav e Stefan Vladislav I, e Comnena Nemanjić. Era, por tanto, sobriño de San Sava (Sava I).
Bautizado como Predislav Nemanjić, moi mozo fíxose monxe, retirándose a facer vida eremítica, imitando ao seu tío, e tamén tomando o seu nome eclesiástico, Sava.
En 1263, á morte do patriarca Arsenio I (Arsenije I), foi nomeado metropolita de Peć e terceiro arcebispo da Igrexa Ortodoxa Serbia.
Foi canonizado pola Igrexa Serbia, que celebra a súa festa litúrxica o 21 de febreiro.
Categoría:Casa de Nemanjić Categoría:Venerados polas igrexas ortodoxas Categoría:Nados en 1201 Categoría:Finados en 1271 Categoría:Nados en Serbia